Artellando con:

Visita ao Museo de Historia Natural

 


O martes 25 de abril visitamos o Museo de Historia Natural da USC que está situado no parque de Vista Alegre, en Santiago.
Alí puidemos ver diferentes tipos de animais no seu hábitat (selva, sabana, mar, monte...), esqueletos de animais, coleccións de cunchas, peixes,paxaros, unha caixa forte que gardaba unha colección de pedras preciosas, unha mina con diferentes minerais ... e puidemos tocar algúns destes animais como un esquío, un porco espiño ...
Pero quen mellor vos pode contar o que vimos e o que fixemos son as vosas crianzas.
Preguntádelle a elas e eles que de seguro teñen moito que contarvos!

Deixámosvos AQUÍ as fotos para que poidades velas xunt@s.



DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR 📖📖📚📚

 


Hoxe celébrase o Día do Libro e na escola conmemorámolo cunha sesión de contacontos a cargo das compañeiras e compañeiros de 6º EP que, en pequenos grupos distribuídos pola BiblioBarouta, contáronos contos de temática variada! 

Fotografías da conmemoración do Día do Libro

Propostas artísticas con plantas e flores 🌸🌹🌺🌻🌼🌷

Obra de teatro "Sorpresa!"

O martes 18 de abril as crianzas de EI e de 1º ciclo de primaria asistiron, na BiblioBarouta, á obra de teatro "Sorpresa!", da Xanela do Maxín (e por cortesía de Consorcio Editorial Galego).

A obra comeza con varias caixas de cores no escenario. Que hai dentro das caixas? Pois ... Agasallos asombrosos para un público curioso!. Agasallos baseados nos principios das 3R+1 (Reducir, reutilizar, reciclar e… repartir!) cos que crear contos sorprendentes, fomentando a curiosidade e a imaxinación!.






















 

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger