Artellando con:

O LUNS ... SORPRESA!


QUE ACONTECEU ESTA FIN DE SEMANA NO COLEXIO??????


MIRADE!






APARECEU UNHA CURUXA NA AULA DE 3º DE PRIMARIA!

Cando as compañeiras e compañeiros de 3º de E.P. chegaron hoxe á aula ás 09h05 atoparon unha curuxa quietiña dentro da aula. Entrou por unha das fiestras que quedou un pouco aberta.
Para non magoala o mestre colleuna con coidado e levouna a un sitio escuro e tranquilo ata que viñeran recollela xa que dende o colexio chamaron ao Concello para que enviasen a persoal cualificado para encargarse dela: de ver si estaba ben e de devolvela ao seu hábitat; pero antes de marchar pasou polas aulas de infantil para que nos despedísemos dela.

QUE PASA NO MONTE?


    OLA FAMILIAS!



No colexio non podiamos permanecer alle@s aos tráxicos acontecementos destes días pasados en Galicia.
As nenas e nenos levaban varios días escoitando falar na casa dos incendios, vendo imaxes que plasmaban o lado devastador do lume e as súas consecuencias ...
Por todo isto pareceunos axeitado tratar este tema que nos toca tan de preto e que, por desgraza, está de máxima actualidade.
Ademáis de falar de todo o acontecido (que pasou, onde pasou, por que pasou...?) convidamos a Héctor, o pai dunha compañeira do colexio que é bombeiro, a que viñera ás aulas a falarnos de todo isto. 
Antes de que chegara estivemos a pensar que cousas sabiamos do lume, que cousas podiamos preguntarlle ...
E cando chegou por fin puidemos profundizar en todo isto e falar do que pasou na fin de semana, por que se producen os lumes, que cousas vemos no monte cando imos e que non deberían estar alí, como debería estar o monte para non arder tan facilmente... E deunos un dato moi importante: CANDO VEXAMOS LUME TEMOS QUE CHAMAR AO  



















Despois pasamos á acción e amosounos o seu traxe: para que serve cada peza, canto tempo tardan en vestilo ... Pero non o fixo só: a bombeira de Barouta axudouno!



WhatsApp Video 2017-10-19 at 17.23.16 from maria jesus on Vimeo.












O traxe era moi pesado e aínda cheiraba a fume!!!!
Ademáis do traxe tamén nos ensinou o casco (con luz, micrófono e pantallas), as máscaras para entrar en sitios con moito fume, a boca da mangueira ... e chegou o noso turno de probar o casco que nos sorprendeu porque tamén pesaba moito e parecía que pola pantalla non se ía ver nada porque era moi opaca pero víase todo perfectamente!















































Aprendemos moito nesta visita pero aínda nos quedaban moitas cousas por ver así que quedamos con Héctor en ir visitalo ao parque de bombeiros!




WhatsApp Video 2017-10-19 at 17.34.31 from maria jesus on Vimeo.

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger