OLA FAMILIAS!
No colexio non podiamos permanecer alle@s aos tráxicos acontecementos destes días pasados en Galicia.
As nenas e nenos levaban varios días escoitando falar na casa dos incendios, vendo imaxes que plasmaban o lado devastador do lume e as súas consecuencias ...
Por todo isto pareceunos axeitado tratar este tema que nos toca tan de preto e que, por desgraza, está de máxima actualidade.
Ademáis de falar de todo o acontecido (que pasou, onde pasou, por que pasou...?) convidamos a Héctor, o pai dunha compañeira do colexio que é bombeiro, a que viñera ás aulas a falarnos de todo isto.
Antes de que chegara estivemos a pensar que cousas sabiamos do lume, que cousas podiamos preguntarlle ...
E cando chegou por fin puidemos profundizar en todo isto e falar do que pasou na fin de semana, por que se producen os lumes, que cousas vemos no monte cando imos e que non deberían estar alí, como debería estar o monte para non arder tan facilmente... E deunos un dato moi importante: CANDO VEXAMOS LUME TEMOS QUE CHAMAR AO
Despois pasamos á acción e amosounos o seu traxe: para que serve cada peza, canto tempo tardan en vestilo ... Pero non o fixo só: a bombeira de Barouta axudouno!
WhatsApp Video 2017-10-19 at 17.23.16 from maria jesus on Vimeo.
Ademáis do traxe tamén nos ensinou o casco (con luz, micrófono e pantallas), as máscaras para entrar en sitios con moito fume, a boca da mangueira ... e chegou o noso turno de probar o casco que nos sorprendeu porque tamén pesaba moito e parecía que pola pantalla non se ía ver nada porque era moi opaca pero víase todo perfectamente!
Aprendemos moito nesta visita pero aínda nos quedaban moitas cousas por ver así que quedamos con Héctor en ir visitalo ao parque de bombeiros!
0 comentarios:
Publicar un comentario