Artellando con:

PITIÑOS NA INCUBADORA


Como xa vos contamos onte temos no laboratorio, dentro da incubadora, dez ovos.

Para que  poidades facer seguimento desde a casa do nacemento previsto para este domingo día 2 de maio, instalamos unha cámara e creamos unha sesión de videoconferencia na plataforma webex (así poderedes ver en directo o estado dos ovos na incubadora). 

Como facer para ver a incubadora en directo?

👉 Acceder á videoconferencia: https://eduxunta.webex.com/eduxunta-pt/j.php?MTID=m0467dce0128e76c7d99869f65b5a6643

Como en calquera videconferencia pediravos un nome para entrar e un correo electrónico. Se vos require algunha referencia máis (non debería), os datos son:

Número de Sala: 121 046 8034
Contrasinal: Laboratorio

A ver que acontece o domingo!  




 


 

 

BECHOS EN BAROUTA

 











Pero neste trimestre tamén compartimos o laboratorio con dez ovos que están quentiños na incubadora  e con vermes de seda que están a medrar nunha caixa comendo moreira!

Aos ovos, de momento, só temos que darlle a volta e botar auga na incubadora. Estamos expectantes a ver se nace algún pitiño na vindeira semana.




















































































































































Aos vermes de seda limpámoslle a caixa e cambiámoslle as follas con frecuencia para que sempre teñan comida fresca. Medran moi rápido! Ao principio mirabámolos con lupa pero agora xa se ven ben!















Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger