Artellando con:

SAÍDA Á ILLA DE CORTEGADA


Boa noite a tod@s!

O xoves da semana pasada (15 de xuño) todo o alumnado de infantil visitou a illa de Cortegada.
Fomos en autobús ata o porto de Carril e unha vez alí navegamos en lancha ata a illa.
Nada máis chegar merendamos e despois fixemos unha ruta de 3km andando.
 Logo da ruta xogamos un pouco, comemos e ...
 A BAÑARSEEEEEEE!!!!!. 
Como xa vos contamos, a saída foi un éxito pero queremos que o vexades cos vosos propios ollos.
Agardamos que desfrutedes co vídeo porque nós na illa "pasámolo pipa". 


CORTEGADA from María on Vimeo.

INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN AUGA DOCE



O luns 5 de xuño conmemorouse o Día Mundial do Medio Ambiente e no colexio aproveitamos esta data tan significativa para inaugurar a nosa exposición "Auga Doce".
Comezamos pola mañá ás 09h30 facendo pases para que as distintas aulas do centro puidesen vela e escoitar as explicacións das súas compañeiras e compañeiros que fixeron de guías.

A partires das 13h00 foi o turno das nais e pais: chegaron ao cole, recolleron as súas entradas na billeteira e subiron ao primeiro andar acompañados por nenas e nenos que os guiaron por todo o percorrido da exposición.

Nas seguintes fotos amosámosvos o making of da exposición dende a cartelería  que fixeron as cativas e cativos de infantil  ata o mesmo día da inauguración.














































COLABORACIÓN CON BOCALÁN GALICIA


Neste mes de xuño rematou a nosa colaboración coa Fundación Bocalán Galicia.  


Pero aínda temos pendente unha visita ás súas instalacións.


Nas últimas sesións realizamos actividades de land-art coas cadelas recollendo elementos naturais para elaborar un mural, traballamos os coidados básicos e incluso fixemos un novo amigo (un gatiño recén nacido ao que lle demos o biberón).


BOCALÁN from María on Vimeo.

UN MES DE MAIO MOVIDO

O pasado mes de maio foi un mes de moita actividade no colexio.

Comezámolo preparando os agasallos para as mamá!











Despois continuamos coa conmemoración das Letras Galegas. Por unha banda homenaxeamos o traballo de Carlos Casares reproducindo a portada dalgún dos seus libros ("Al laranxas máis laranxas de todas as laranxas", "A galiña azul") e  decoramos as portas das nosas aulas adicándollas a algunha autora ou autor galego (e poñéndolle o seu nome), e por outra banda as alumnas e alumnos de E.I. vimos todos xuntos "As laranxas máis laranxas de todas laranxas" e asistimos á representación da obra "A galiña azul" por parte das mestras co colexio




















Tamén participamos no "Tendal de poemas"( unha proposta na que colaboran as escolas e os colexios de Ames co Servizo de Normalización Lingüística do Concello e que consiste en darlle visibilidade e proxección á nosa lingua a través de poemas de autores/as galeg@s que tratan sobre a natureza  sendo por isto que se escolleu para a sua ubicación diferentes espazos naturais tocándonos a nós colgar os nosos poemas no Monte Escolar).



























E todo isto amenizado pola festa da primavera e polo contacontos "O cociñeiro Martiño" de Iago López.





















Sen esquecernos de celebrar os aniverarios. Nesta ocasión tocoulle a Alain.








Víchedes que mes máis completo????
Pois este mes de xuño tamén o temos cargado de actividades!!!!

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger