Artellando con:

UN MES DE MAIO MOVIDO

O pasado mes de maio foi un mes de moita actividade no colexio.

Comezámolo preparando os agasallos para as mamá!











Despois continuamos coa conmemoración das Letras Galegas. Por unha banda homenaxeamos o traballo de Carlos Casares reproducindo a portada dalgún dos seus libros ("Al laranxas máis laranxas de todas as laranxas", "A galiña azul") e  decoramos as portas das nosas aulas adicándollas a algunha autora ou autor galego (e poñéndolle o seu nome), e por outra banda as alumnas e alumnos de E.I. vimos todos xuntos "As laranxas máis laranxas de todas laranxas" e asistimos á representación da obra "A galiña azul" por parte das mestras co colexio




















Tamén participamos no "Tendal de poemas"( unha proposta na que colaboran as escolas e os colexios de Ames co Servizo de Normalización Lingüística do Concello e que consiste en darlle visibilidade e proxección á nosa lingua a través de poemas de autores/as galeg@s que tratan sobre a natureza  sendo por isto que se escolleu para a sua ubicación diferentes espazos naturais tocándonos a nós colgar os nosos poemas no Monte Escolar).



























E todo isto amenizado pola festa da primavera e polo contacontos "O cociñeiro Martiño" de Iago López.





















Sen esquecernos de celebrar os aniverarios. Nesta ocasión tocoulle a Alain.








Víchedes que mes máis completo????
Pois este mes de xuño tamén o temos cargado de actividades!!!!

¡Compártelo!

0 comentarios:

Publicar un comentario

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger