Artellando con:

Proxecto "Debaixo da Terra": Antártida, xardín eterno, pobos asolagados.

Familias,

A semana pasada rematamos unha nova rolda de propostas do proxecto "Debaixo da terra"
Desta volta estivemos a traballar sobre a Antártida, plantamos xardín eternos e construimos pobos asolagados.
Na seguinte presentación podedes ver con detalle todas as propostas realizadas e as súas imaxes.

Agardamos que disfrutedes tanto véndoo  como nós facéndoo!


Proxecto "Vai de números!" 🔢


 

















Día da árbore e da poesía 🌳📖

 







Podedes ver todas as imaxes deste día picando AQUÍ

PIPALUK! (Modo Galego, Actívao!)

Familias,  

Esta semana concluiu a campaña #MODO GALEGO,ACTÍVAO!

As crianzas de E.I. realizaron unha actividade na que había que crear un/unha NEOFALANTE NA NOSA LINGUA e idearon unha personaxe que quería aprender a falar en galego.

Decidiron que fora unha nena e así naceu PIPALUK.  
Tamén decidiron que viñera do Polo Norte nunha zorra máxica transportada por renos, que tivera o cabelo da cor do arco da vella, a cor da súa roupa ....
Logo de dar forma física a Pipaluk xa só quedaba relatar as motivacións que tiña para querer falar a nosa lingua, gravala e darlle vida. 

Aquí tedes o resultado!
Agardamos que vos guste!
E lembrade, para ensinarlle a nosa lingua a Pipaluk, seguide co Modo Galego activado!!!



Debaixo da Terra II 🌍🌎🌏

 No Laboratorio, as crianzas seguen a decubrir que hai "Debaixo da Terra"!


CANTANDO CONTOS! 🎶🎶🎶

 Hoxe achegouse á escola Paco Nogueiras para cantar contos con nós!

















MOITAS GRAZAS, PACO!
DIVERTÍMONOS MOITO!

E NO RECREO ACHEGÁMONOS Á BIBLIOBAROUTA PARA BUSCAR OS CONTOS QUE NOS CONTOU E CANTOU PACO!


Proxecto "Vai de números" (Ambiente Obradoiro) - Novas propostas
















8M

 





Modo Galego, Actívao! Proposta da segunda semana

Atención familias!

Esta semana podedes colaborar coas crianzas no proxecto #Modo Galego, Actívao!

O EDLG preparou una nota informativa para vós.

A continuación deixámosvos toda a info!





Curtametraxe "Compañeiras de po" - Modo Galego, Actívao!

Familias, 

Como xa sabedes estamos a participar no proxecto da RAG #ModoGalego, Actívao" en colaboración co Concello de Ames.

A proposta realizada polas crianzas de EI nesta primeira semana consistiu en drobrar ao galego unha curtametraxe. Para isto tivemos que:

-visionar a curtametraxe en versión orixinal

-dialogar sobre: 

                -que acontece na curta?

                -que personaxes aparecen nela?

                -que poden dicir estes personaxes?

-inventar os novos diálogos en galego chegando a acordos entre tod@s

-ensaiar estes diálogos dando a cada intervención a entoación correcta

-gravar os novos diálogos 

-montar a curtametraxe

Foi un proceso longo pero moi enriquecedor e o resultado é a curtametraxe "Compañeiras de po" que compartimos con vós.


Se tedes dificultade para ver a curta deixamos un acceso picando AQUÍ

MODO GALEGO, ACTÍVAO!

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger