Familias,
Esta semana concluiu a campaña #MODO GALEGO,ACTÍVAO!
As crianzas de E.I. realizaron unha actividade na que había que crear un/unha NEOFALANTE NA NOSA LINGUA e idearon unha personaxe que quería aprender a falar en galego.
Decidiron que fora unha nena e así naceu PIPALUK.
Tamén decidiron que viñera do Polo Norte nunha zorra máxica transportada por renos, que tivera o cabelo da cor do arco da vella, a cor da súa roupa ....
Logo de dar forma física a Pipaluk xa só quedaba relatar as motivacións que tiña para querer falar a nosa lingua, gravala e darlle vida.
Aquí tedes o resultado!
Agardamos que vos guste!
E lembrade, para ensinarlle a nosa lingua a Pipaluk, seguide co Modo Galego activado!!!
0 comentarios:
Publicar un comentario