Artellando con:

BAR-OUTA


Hoxe as familias de 6ºEP inauguraron de novo o BAR-OUTA!
👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏


Neste curso cambiamos a maneira de facer os pedidos:
-o mércores o alumnado traerá a comanda anotada na axenda
-o venres traerán os 50 céntimos nunha carteiriña

Este ano haberá:

  • bocadillo de nocilla
  • bocadillo de queixo
  • bocadillo de chourizo
  • bocadillo de chourizo e queixo

As alumnas e alumnos de EI xa probamos os bocadillos do BAR-OUTA e ademais de ser ben saborosos tamén son ben grandes!!!! 👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌















25N: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES


Hoxe, 25 de novembro, é o DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.

Este curso, en Barouta, traballamos no proxecto "As máscaras do machismo".

No vídeo explicámosvos como foi todo o proceso da nosa participación nel.

Agardámosvos a partires das 12h30 para visitar a exposición.


Psicomotricidade divertida



En EI adicamos todos os días varios momentos da xornada ao traballo corporal.

Unhas veces é un traballo mais tranquilo para relaxar o corpo global e segmentariamente, tomar conciencia do noso propio corpo, das partes do mesmo ...

Outras veces este traballo  require dun maior movemento, dunha maior coordinación e axilidade, do traballo en equipo, da utilización de diversos materiais ...


Nesta entrada amosámosvos dúas sesións de psicomotricidade no pavillón.
Na primeira o exercicio motor (saltos) é o principal protagonista pero tamén é importante a capacidade de coordinar as nosas accións coas das compañeiras e compañeiros cando o xogo o require e ter una boa coordinación de movementos.































Na segunda sesión seguimos a traballar o exercicio motor (neste caso o arrastre), o equilibrio e a coordinación de movementos.



















Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger