Artellando con:

PSICOMOTRICIDADE DIVERTIDA

ANIVERSARIOS

E entre tantas nubes seguimos a festexar aniversarios. Nesta ocasión tocoulle a IZAN e a MARÍA.



















MOITO NOS GUSTAN OS BISCOITOS DE ANIVERSARIO (E SE LEVAN CHOCOLATE, MELLOR!)


VISITA DE DIEGO VIAÑO


Boa mañá de sábado, familias!

Como xa vos comentamos noutro post anterior, estamos a realizar un miniproxecto de nubes que comezamos cun experimento como actividade motivadora e que continuamos coa visita de DIEGO VIAÑO (exalumno do centro e meteorológo da TVG).

Coma sempre, preparamos esta visita con anterioridade na aula. E logo de conversar sobre nubes escribimos nun papel aquelas dúbidas e preguntas que lle queríamos facer a Diego.








E o venres 28 de Abril Diego veu ao colexio. Recibiunos na entrada da biblioteca e conversou un pouco con nós antes de comezar.






Logo de saudarnos falounos de nubes.

























Estivemos moi atentas e atentos ás explicacións porque o que nos estaba a contar e amosar Diego na pizarra dixital era moi interesante.















E vimos nubes abraiantes que nos deixaron coa boca aberta: "nubes lenticulares", "undulatus asperatus", "nubes mastodónticas" ...











Fixémoslle algunhas das preguntas que levábamos preparadas.







Diego tamén nos ensinou a ser presentadoras e presentadores do tempo.
















E para rematar saímos a observar nubes aínda que xustamente este día non había ningunha no ceo azul de Barouta! 












                        MOITÍSIMAS GRAZAS DIEGO!!!!!

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger