Artellando con:

LETRAS GALEGAS


Achégase o mes de maio e con el a conmemoración do "DÍA DAS LETRAS GALEGAS".
En Barouta xa estamos preparando esta data tan importante.
Mirade o que temos programado para esta semana!


SOMOS O QUE COMEMOS



Xa estamos mans á obra co proxecto de centro "Somos o que comemos". En Infantil estamos centrados no plástico, nos envases nos que veñen os alimentos, na cantidade de cousas de plástico que temos no colexio e na casa ... e estamos tamén a buscar alternativas ao plástico. Pero non queremos adiantarvos moito máis. Iredes vendo pouco a pouco o que imos facendo. 
O que si queremos é contarvos como foron os inicios do proxecto.
Primeiramente é importante coñecer o que o alumnado sabe sobre o plástico e o que quere saber e, coma sempre, deixámolo plasmado en paneis que colocamos no noso punto de información. 


<
Que sabemos e que queremos saber do plástico de MARÍA RODRIGUEZ





















 Pedímosvos colaboración para que as nenas e nenos trouxeran ao colexio información sobre o plástico e, coma sempre, agradecemos a vosa axuda. Aquí están algunhas das exposicións que fixeron ás compañeiras e compañeiros desa información que buscáchedes na casa.

Exposicións from María Barouta on Vimeo.

Logo da exposición de Xoel, Nadia e Aira fixemos na aula unha actividade de clasificación de plásticos según a súa numeración e decatámonos da cantidade de envases deste material que nos rodean no noso día a día.





                       Seguimos a traballar no proxecto!
                                   Irémosvos contando!

SEMANAS DE FROITA



A semana pasada e a  anterior tivemos froita fresca no colexio todos os días xa que, outro ano máis, participamos no programa "Aliméntate ben".
O reparto de froita xa rematou pero mañá luns 30 de abril aínda teremos peras frescas para repartir ao alumnado!



A OUTRA COUSA (PUNTO FINAL AO PROXECTO "O CORPO")

Bo día familias!

Xa sabedes que estamos inmers@s no proxecto de centro "Somos o que comemos" pero aínda temos pendente amosarvos algunhas actividades do proxecto "O corpo".
Dentro deste proxecto un eixe central foi o esquema corporal moi importante para o coñecemento inmediato e contínuo do noso corpo en estado estático ou en movemento, en relación coas súas diferentes partes e, sobre todo, en relación co espazo e os obxectos que nos rodean. Por iso algunhas das actividades propostas ao alumnado foron encamiñadas a representar o esquema corporal:

> con diferentes materiais (papel, bloques lóxicos ...)










>en diferentes posicións (siluetas feitas no chan con pezas de construción, bloques lóxicos...)











Pero neste proxecto traballamos moitos outros aspectos do corpo humano como:

>o sistema circulatorio (vimos e tocamos a maqueta do corazón e representamos con pintura os latexos do corazón)




















> o sistema respiratorio (plasmamos cunha divertidade actividade con bolsas e palliñas como chega o aire aos pulmóns)


> o esqueleto (coa representación do mesmo con bastonciños de algodón)


> e tamén tivemos tempo para mirarnos no espello a facer o noso autorretrato


Todo isto e moito máis poderedes velo nas carpetas que o alumnado levará para a casa!

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger