Artellando con:

A BURRA RAMONA


Esta segunda semana do mes de abril o alumnado de 6º curso de Infantil rematouna cunha visita ao Auditorio para ver a obra "A burra Ramona" de Paula Carballeira interpretada pola Banda Municipal de Música.

"A burra Ramona" é un conto que anima a perseguir os soños, a loitar polos desexos e a cambiar as rutinas. Os diferentes personaxes que se cruzan no camiño da burra Ramona teñen a súa música propia, en especial a protagonista, e así imos coñecendo e imaxinando as características de cada un deles.

A burra Ramona, un bo día, deixa de traballar e decide que quere voar. A súa decisión vai influír nunha chea de personaxes que, colaborando con ela, van conseguir realizar os seus soños aprazados e mesmo desouvir os mandados do exército e do rei.













¡Compártelo!

0 comentarios:

Publicar un comentario

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger