Artellando con:

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS

                                 OLA FAMILIAS!

Como xa saberedes onte foi o DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS e no cole celebrámolo cunha actividade diferente: o Trasno Enmarañado mandounos unha carta á aula na que nos convidaba a achegarnos ata a BiblioBarouta para asistir á súa inauguración.


  




Despois do recreo todas as alumnas e alumnos de infantil fomos á biblioteca e alí estaban agardando por nós a mestra Ana e o mestre Alonso. Sentámonos e Ana explicounos brevemente como facer o empréstito e a devolución de libros, as cores correspondentes aos libros de cada nivel, e despois ... Alonso contounos a historia "O homiño de papel".














Gustounos moito pero aínda había máis sorpresas: levamos unha carpeta coa cor do noso nivel e un marcapáxinas co noso nome,  a nosa foto e o noso código!!!!!

DE SEGURO QUE VOLVEREMOS VISITAR AO TRASNO ENMARAÑADO!!!! 

GRAZAS BIBLIOBAROUTA!!!!!! 

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger