Artellando con:

QUE ESTADES A FACER?


Boa tarde familias!

Lembrades este TokApp que recibíchedes hai dúas semanas?

Prezadas familias do CEIP de Barouta,
Querémosvos facer chegar o noso afecto, o noso acompañamento nestes tempos difíciles e confusos, e trasladarvos todo o noso ánimo e apoio, para vós e para os vosos seres queridos.
Estes días, o Claustro do CEIP de Barouta, debatimos sobre como colocar as necesidades do alumnado na nosa práctica docente a través do teletraballo. O noso oficio baséase no acompañamento presencial do alumnado, de seguir o seu ritmo de aprendizaxe para ofrecerlle que vaia construíndo novos coñecementos. Pero esa presenza, ese acompañamento como habitualmente o entendemos, non é posible e temos que trazar novas estratexias.
Como Centro Educativo e como Claustro estamos facendo un grande esforzo, colectivo e individual, en manter unha comunicación fluída con vós a través de diferentes vías: Web, TokAppSchool, Correo Electrónico, E-Dixgal. Así mesmo, levamos días traballando nunha aula virtual de aprendizaxe que agardamos poder ofrecervos nos próximo días. Todo para que vos sintades acompañados/as e arroupados/as. Que saibades que estamos aquí para o que precisedes.
Con todo, a situación histórica que vivimos pon de manifesto moitas desigualdades de recursos tecnolóxicos e dixitais que non todo o alumnado posúe. E isto é unha das cousas que máis nos preocupa. Por moito que enviemos mensaxes, se non se recibe non hai comunicación verdadeira. 
Se sabedes que alguén non recibe comunicación do colexio, agradecémosvos que lla fagades chegar do xeito e forma que sexa posible, e tamén que nolo digades para poder ver nós outros canles e medios de comunicación. É importante que esta situación nos manteña unidas/os en Comunidade Educativa, non que nos separe abrindo máis a fenda das desigualdades.
Queremos saber de vós, así que, as

 persoas que

 queirades e poidades, gustaríanos 


que nos 

enviásedes unha nota de voz, un


 vídeo ou un 

texto onde nos describades e 


expliquedes

 como 


pasades este momento, para poder 


compartir 

con toda a Comunidade Educativa. 
Recibide todo o noso afecto, apoio e acompañamento neste momento difícil. 
Moito ánimo. 
Agardamos vernos pronto!

Pois houbo familias de Infantil que achegaron ao correo da escola traballiños, vídeos, audios e fotos do que están a facer nas casas estes días.

Alégranos moito saber do noso alumnado e queremos compartir con vós as achegas que nos fixeron!!!

LIVIA DE 5º EI-B está a facer pequenas plantacións e levando un rexistro das mesmas!



Xermolos de millo e lentellas. de cursobarouta

E tamén ten tempo de preparar a súa mensaxe de ánimo!


IAGO B. DE 5ºEI-B entretense xogando coas canicas, botando contas con elas e ideando novos labirintos para lanzalas ademáis de debuxar.




LÚA DE 4º EI-B cóntanos a cantidade de cousas que está facer neste vídeo. 

                          
 



KATA DE 5ºEI-C E O SEU IRMÁN NIKOLÁS non teñen parada!








ELSA DE 5ºEI-A E O SEU IRMÁN ENZO mándannos este vídeo onde nos contan que están ben e que teñen gana de volver ao colexio.





AITANA DE 5ºEI-B pasa os días moi atarefada!




NOA DE 5ºEI-C celebrou un aniversario diferente. Parabéns, Noa!






NOA DE 5ºEI-A mandanos uns audios moi amenos! (son audios, ides ver a pantalla en negro pero escoitade!





BREIXO E ANTÓN DE 5ºEI-B teñen moita gana de volver á escola e botan moito de menos ás súas mestras!






MARÍA DE 5ºEI-A E O SEU IRMÁN LOIS tamén nos fixeron chegar un vídeo.





XOEL DE 6ºEI-C E AS SÚAS CURMÁS AIRA E NADIA están moi agradecid@s a todas as persoas que seguen a traballar polo ben común.



VERA DE 4ºEI-B non para nin un segundo!



DIANA DE 6ºEI-A cántanos unha canción!




ADRIANA DE 6ºEI-B non perde nin un segundo do día!



E quédalle tempo para o ballet!


LARA DE 5ºEI-B amósanos neste vídeo as cousiñas que está  a facer nestes días na casa.




ÁLEX DE 6ºEI-C cántanos un rap con moito sentido estes días!

 
DANI DE 4ºEI-B tamén está a pasalo ben na casa saltando no sofá!



GABI DE 5ºEI-C E A SÚA IRMÁ SARAY aproveitan para facer cousas xunt@s.



AÍNDA ESTADES A TEMPO DE MANDARNOS AS VOSAS FOTOGRAFÍAS CON MENSAXES POSITIVAS E DE ÁNIMO (COAS ETIQUETAS #FÁLAMEQUETEESCOITO#AMELLORESCOLADOMUNDO).
ESTADE ATENTAS E ATENTOS AO BLOG, Á AULA VIRTUAL E AO FACEBOOK DA ESCOLA PORQUE NUNS DÍAS DAREMOS DIFUSIÓN A TODAS AS FOTOGRAFÍAS QUE ESTADES ACHEGANDO DAS CRIANZAS COS SEUS DEBUXOS !

¡Compártelo!

0 comentarios:

Publicar un comentario

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger