Artellando con:

ENTROIDO 2017

CHEGOU O ENTROIDO A BAROUTA!!!!!!!
Por fin chegou o entroido!!!!
Nos últimos días estivemos moi ocupados coas encargas do mandadiño, pintando os disfraces de indias e indios, elaborando os colares, montando o poboado...

A semana comezou o luns con tod@s vestindo  algo de indi@s

O resto de días pasámolos con ollos chineses, pano de beduín@ e bigote mexicano!








Como había moito que facer distribuímos as tarefas entre tod@s para preparar os disfraces, os colares, o poboado, as canoas, o tótem ...

Entroido 2017 from maria jesus on Vimeo.

SEGUNDA SESIÓN CON BOCALÁN GALICIA

Como xa vos contamos, durante este curso a Fundación Bocalán Galicia colabora connosco realizando un proxecto de educación emocional. Aproveitando o trafego do entroido, o 16 e o 17 de febreiro Mulán, Mariana e Nicoletta ( as cadelas da fundación) viñeron ao cole para facer tod@s xunt@s unha sesión de relaxación.
Entraron ata a aula para saudarnos e despois saímos á entrada para que as monitoras nos explicaran que iamos facer. Tocaba ir ao monte para descubrir diferentes olores, tocar a herba mollada, escoitar sons ... E de paso, recoller elementos naturais para poder disfrazar de indias ás tres cadelas xa que nós tamén nos imos disfrazar de indi@s porque estamos a traballar o proxecto "Pasámolo coma os indios". Ademáis disto falamos das cousas que nos relaxan: sons, sensacións ... e tumbámonos con Mulán, Mariana e Nicoletta para escoitar os seus latexos, tocar o seu pelo, imitar a súa repiración tranquila ...
ENCANTOUNOS!!!!!



  •      Saudámonos na aula






  •      Lembramos as normas e falamos do que imos facer






  •      Poñémonos en marcha!














  •      Primeira parada para escoitar sons da natureza







  •      Quen vive na poza?








  • Imos camiñando, recollendo follas, paus, pedriñas, herbas ... e acariñando de cando en vez ás cadelas.











  • Pechamos os ollos e escoitamos en silencio!









  • Tocamos a herba, o chan, as pedras ... sentimos a súa friaxe, a súa humidade, a súa suavidade ou rugosidade...













  • Voltamos ao colexio para relaxarnos tod@s xunt@s e sentir as respiracións de Nicoletta, Mariana e Mulán, o tacto do seu pelo,  a súa calor corporal ...






















Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger