Como xa vos contamos, durante este curso a Fundación Bocalán Galicia colabora connosco realizando un proxecto de educación emocional. Aproveitando o trafego do entroido, o 16 e o 17 de febreiro Mulán, Mariana e Nicoletta ( as cadelas da fundación) viñeron ao cole para facer tod@s xunt@s unha sesión de relaxación.
Entraron ata a aula para saudarnos e despois saímos á entrada para que as monitoras nos explicaran que iamos facer. Tocaba ir ao monte para descubrir diferentes olores, tocar a herba mollada, escoitar sons ... E de paso, recoller elementos naturais para poder disfrazar de indias ás tres cadelas xa que nós tamén nos imos disfrazar de indi@s porque estamos a traballar o proxecto "Pasámolo coma os indios". Ademáis disto falamos das cousas que nos relaxan: sons, sensacións ... e tumbámonos con Mulán, Mariana e Nicoletta para escoitar os seus latexos, tocar o seu pelo, imitar a súa repiración tranquila ...
ENCANTOUNOS!!!!!
- Saudámonos na aula
- Lembramos as normas e falamos do que imos facer
- Poñémonos en marcha!
- Primeira parada para escoitar sons da natureza
- Quen vive na poza?
- Imos camiñando, recollendo follas, paus, pedriñas, herbas ... e acariñando de cando en vez ás cadelas.
- Pechamos os ollos e escoitamos en silencio!
0 comentarios:
Publicar un comentario