Como xa sabedes, o pasado martes 5 de xuño, inauguramos a nosa exposición sobre o proxecto de centro "Somos o que comemos".
Durante semanas todo o alumnado estivo a investigar, experimentar con diferentes elementos, buscar imaxes, elaborar materiais ... daqueles aspectos do proxecto nos que se centraron, que no noso caso foron o plástico, outros materiais biodegradables e a reciclaxe.
Ao longo destes días xa vos fomos informando de actividades que iamos levando a cabo relacionadas co proxecto como a visita de Pedro, o experimento de Carla e Lucía sobre como elaborar plástico biodegradable ...
E hoxe queremos amosarvos varias cousas:
O VÍDEO SOBRE "O QUE NON DEBEMOS ESQUECER DA RECICLAXE"
O LIBRO "REFUGALLANDO RIMAS"
COMO BUSCAMOS INFORMACIÓN E PREPARAMOS OS MATERIAIS PARA A EXPOSICIÓN
A EXPOSICIÓN "SOMOS O QUE COMEMOS" DO CEIP DE BAROUTA
A VISITA DAS FAMILIAS Á EXPOSICIÓN
GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS QUE XA PASÁCHEDES POLO COLE PARA VELA E LEMBRÁMOSLLES ÁS QUE AÍNDA NON PUIDERON QUE A EXPOSICIÓN PODERASE VISITAR POLAS TARDES DURANTE ESTE MES DE XUÑO!
(Na entrada temos un libro de sinaturas onde podedes deixarnos a vosas opinións. Animádevos!)