Artellando con:

Amosando publicacións coa etiqueta Adega. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Adega. Amosar todas as publicacións

Obradoiro de reciclaxe con Adega








 Se queredes ver máis fotografías desta actividade podedes velas picando AQUÍ

UNHA SEMANA MOI ATAREFADA


Estes días previos ao nadal están sendo moi movidos na escola: saídas, obradoiros, contacontos...

Botade un ollo a todo o que fixemos!

Comezamos polo "Obradoiro de adornos de nadal con material de refugallo" que Adega ofertou para toda a escola. A nosa quenda foi o martes e Itziar veu ao laboratorio para amosarnos como facer estrelas con botellas de plástico e renos co rolo do papel hixiénico.
Aproveitamos para darvos as grazas pola vosa colaboración sempre que vos pedimos algo e moi especialmente nesta ocasión xa que enviáchedes ao colexio gran cantidade de material de refugallo que nos resultou moi útil.






























O xoves foi o día do contacontos "O apalpador e a nena sen medo" de Celtia Figueiras cunha representación moi orixinal que nos encantou!



















O venres as compañeiras e compañeiros de 5º e 6º de EI foron á casa de cultura de Bertamiráns para asistir ao III Festival de cine infantil do concello de Ames, onde o alumnado puido visionar curtametraxes de temática diversa como a pobreza infantil, o acoso escolar, a violencia familiar, a igualdade de xénero...









E rematamos a semana merendando os bocadillos do Bar-Outa. Aínda que ao principio non había biscoito no menú, ante a alta demanda do mesmo, volveuse incluír o biscoito!





















Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger