Artellando con:

UNHA SEMANA MOI ATAREFADA


Estes días previos ao nadal están sendo moi movidos na escola: saídas, obradoiros, contacontos...

Botade un ollo a todo o que fixemos!

Comezamos polo "Obradoiro de adornos de nadal con material de refugallo" que Adega ofertou para toda a escola. A nosa quenda foi o martes e Itziar veu ao laboratorio para amosarnos como facer estrelas con botellas de plástico e renos co rolo do papel hixiénico.
Aproveitamos para darvos as grazas pola vosa colaboración sempre que vos pedimos algo e moi especialmente nesta ocasión xa que enviáchedes ao colexio gran cantidade de material de refugallo que nos resultou moi útil.






























O xoves foi o día do contacontos "O apalpador e a nena sen medo" de Celtia Figueiras cunha representación moi orixinal que nos encantou!



















O venres as compañeiras e compañeiros de 5º e 6º de EI foron á casa de cultura de Bertamiráns para asistir ao III Festival de cine infantil do concello de Ames, onde o alumnado puido visionar curtametraxes de temática diversa como a pobreza infantil, o acoso escolar, a violencia familiar, a igualdade de xénero...









E rematamos a semana merendando os bocadillos do Bar-Outa. Aínda que ao principio non había biscoito no menú, ante a alta demanda do mesmo, volveuse incluír o biscoito!





















¡Compártelo!

0 comentarios:

Publicar un comentario

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger