Artellando con:

AS TAREFAS A MOREAS


Antes de rematar este primeiro trimestre ímosvos amosar algunhas, actividades, propostas, xogos ... que foron quedando no tinteiro. Estas fotos dan boa conta do traballo das nenas e nenos ao longo destes meses. 

Comezamos!

Arrancamos no laboratorio con algunhas propostas onde experimentamos cos elementos naturais  pero onde tamén expresamos a nosa creatividade con pintura, plastilina, materiais sensoriais...








































Todo este traballo resulta tan divertido, creativo, entretido, que cando nos decatamos temos auténticas obras de arte coma estas.




Facemos unha parada no pavillón onde os circuitos de psicomotricidade son a proposta que mais gusta ás nenas e nenos.








Pero ás veces a psicomotricade tamén a facemos na aula e aproveitamos para traballar cousas novas como o seguimento de patróns.




















Outras veces os proxectos xorden espontaneamente como cando Aitana trouxo unha barbantesa á escola e comezamos a facernos preguntas: que é?, que come?, como se move?, onde vive?, pica? ...


































E logo están os contos,  que son capaces de megurllarnos na mais divertida das aventuras cunha simple caixa de cartón.















































Pero no noso día a día tamén acontecen cousas inesperadas como a visita do gato Samaín que finalmente atopou fogar.







































































































No medio de tanta actividade tamén temos tempo para parar, relaxarnos, darnos masaxes e algo mais.


























E cando rematamos de pintar, debuxar, xogar, recortar, construir, clasificar, ensartar, agrupar, ler ... é hora de recoller!







E non pensedes que con isto rematamos, porque o tinteiro aínda segue cheo!!!

¡Compártelo!

0 comentarios:

Publicar un comentario

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger