Artellando con:

SEGUIMOS PLANTANDO NO HORTO


Pero non pensedes que só nos imos adicar ás nubes porque aínda que o terceiro trimestre é curto témolo cargado de tarefas: Letras Galegas, colaboración con Bocalán, saídas pola contorna... e por suposto non nos esquecemos do horto: regamos a fotinia e as hortensias e fomos plantar leitugas.








NUBES: EXPERIMENTO "FORMAMOS NUBES"

                       
                    Boa tarde de domingo familias!

Hoxe queremos contarvos que neste terceiro trimestre imos levar a cabo un mini-proxecto sobre nubes. 
Para comezalo, e como actividade motivadora, partimos dun experimento de formación de nubes que realizamos nas tres aulas de infantil o pasado xoves 27 de abril.
Esta experiencia serviunos para plantexarnos dúbidas, algunhas delas escribímolas para preguntarllas ao día seguinte a Diego Viaño (meteorólogo e ex-alumno do centro) que nos visitou para falarnos tamén de nubes (pero isto verédelo noutro post).

Agora deixámosvos co noso experiemento!




































Experimento aula Monse from maria jesus on Vimeo.


Por se queredes probar vós na casa e que sexan as cativas e cativos os que vos expliquen o proceso, deixámosvos este vídeo de youtube para orientarvos.


DÍA DO LIBRO

BOA TARDE!


O pasado domingo 23 de abril foi o Día Internacional do Libro.
Dende a Bibliobarouta propuxéronnos un xogo para conmemoralo: nas escaleiras que soben ao segundo andar do cole colocáronse debuxos de personaxes de contos coñecidos e tiñamos que adiviñar de que conto se trataba logo de identificalos: estaban o elefante Elmer, os tres porquiños, a eiruga larpeira, o coelliño branco, os Bolechas ...
Despois desta tarefa tan entretida escollemos un destes libros e fomos fixándonos en partes como a portada, a contraportada, o título, o autor ...
E para remartar a mestra Monse contóunolo a tod@s na biblioteca.








MÁIS COUSIÑAS DO 2º TRIMESTRE

Boa mañá de domingo familias!

Antes de amosarvos algunhas cousas nas que xa estamos a traballar neste terceiro trimestre, queríamos rematar de ensinarvos todo o que fixemos no segundo.
Comezamos polas divertidas sesións de psicomotricidade onde fixemos circuitos de equilibrio,  de salto, de arrastre, de coordinación óculo-manual ... ademáis de estiramentos e sesións de relaxación.


































































































































Despois aproveitamos as sesións de psicomotricidade para facer os nosos propios circuitos, sen axuda das mestras, no recreo!















E por suposto, no 2º trimestre tamén celebramos aniversarios.


















Por último non podemos esquecer as sesións coas cadelas da Fundación Bocalán Galica (aínda que no vídeo pon mes de marzo o certo é que esta sesión tan divertida foi o xoves 6 de abril xustiño antes de rematar o trimestre)


Bocalán Marzo from maria jesus on Vimeo.

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger