Artellando con:

COMO AXUDO A ANTÓN?

              BOAS E FRÍAS TARDES!                           
                                           


Non queriamos esquecernos de contarvos que o mércores 22 de novembro tivemos na BiblioBarouta  a presentación do conto "Como axudo a Antón?"  de Jorge López Penas, Martín López Penas e Isabel Ponte Rey.  
Para amosarnos o conto viñeron ao centro Jorge e Isabel e fixeron una contacontos desta historia na que por medio das vivencias de varios animais imos vendo diferentes tipos de bullying.    
Logo do contacontos dialogamos sobre as situacións narradas por medio dun xogo de tarxetas verdes e vermellas que tiñamos que alzar cando estabamos de acordo en que a situación era boa (tarxeta verde) ou cando pensabamos que a situación era mala (tarxeta vermella).
Graciñas a Jorge e Isabel por vir ao colexio a presentarnos o conto!  















                                                               

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES



HOXE 25  DE NOVEMBRO CONMEMÓRASE O DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES  e en Barouta sumámonos onte a esta conmemoración baixo o lema ...

Durante toda a semana adicámonos a traballar un tema tan importante coma este a través de diferentes propostas de actividades. Comezamos cun diálogo co alumnado no que foron saíndo expresións tan importantes como "violencia verbal", "violencia de xénero" ... e no que foron xurdindo cuestións como: que é a violencia?, por que hai violencia?, como podemos solucionalo?, como nos sentimos ante unha situación violenta? ...  Todas as reflexións derivadas deste diálogo fóronse plasmando en diferentes debuxos de mulleres que empregamos para ambientar o hall do colexio.







Outra das actividades foi a proposta "Dillo a quen maltrata" na que o alumnado escribiu nun folio o que lle diría a aquela persoa que maltrata e exerce a violencia. Logo co seu letreiro na man sacamos fotos para montar unha exposición fotográfica tamén no hall. 








E para visualizar máis este tema tan importante tamén elaboramos cartaces en gran tamaño con imaxes que nos impactaron.






Logo dunha semana intensa de traballo chegou o venres e na entrada do centro xuntámonos alumnado e profesorado para conmemorar este día coa lectura duns poemas por parte de catro alumnas de 4º de primaria, despois cun minuto de silencio en apoio a todas as mulleres que sofren violencia e finalmente cantamos a canción "Son muller" (máis abaixo podedes atopar algúns enlaces de contos e desta canción)



























Para finalizar deixámosvos tres enlaces cos contos "Rosa caramelo" e "Arturo y Clementina" e a canción "Son muller" do grupo Máis boas cás patacas.

https://www.youtube.com/watch?v=k78plIDPx3I



Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger