Artellando con:

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES



HOXE 25  DE NOVEMBRO CONMEMÓRASE O DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES  e en Barouta sumámonos onte a esta conmemoración baixo o lema ...

Durante toda a semana adicámonos a traballar un tema tan importante coma este a través de diferentes propostas de actividades. Comezamos cun diálogo co alumnado no que foron saíndo expresións tan importantes como "violencia verbal", "violencia de xénero" ... e no que foron xurdindo cuestións como: que é a violencia?, por que hai violencia?, como podemos solucionalo?, como nos sentimos ante unha situación violenta? ...  Todas as reflexións derivadas deste diálogo fóronse plasmando en diferentes debuxos de mulleres que empregamos para ambientar o hall do colexio.







Outra das actividades foi a proposta "Dillo a quen maltrata" na que o alumnado escribiu nun folio o que lle diría a aquela persoa que maltrata e exerce a violencia. Logo co seu letreiro na man sacamos fotos para montar unha exposición fotográfica tamén no hall. 








E para visualizar máis este tema tan importante tamén elaboramos cartaces en gran tamaño con imaxes que nos impactaron.






Logo dunha semana intensa de traballo chegou o venres e na entrada do centro xuntámonos alumnado e profesorado para conmemorar este día coa lectura duns poemas por parte de catro alumnas de 4º de primaria, despois cun minuto de silencio en apoio a todas as mulleres que sofren violencia e finalmente cantamos a canción "Son muller" (máis abaixo podedes atopar algúns enlaces de contos e desta canción)



























Para finalizar deixámosvos tres enlaces cos contos "Rosa caramelo" e "Arturo y Clementina" e a canción "Son muller" do grupo Máis boas cás patacas.

https://www.youtube.com/watch?v=k78plIDPx3I



¡Compártelo!

0 comentarios:

Publicar un comentario

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger