Artellando con:

QUE PASA NO MONTE? CAPÍTULO II

             Boa tarde de domingo a tod@s!

Hoxe queremos amosarvos como continuamos o noso proxecto QUE PASA NO MONTE? logo da visita de Héctor.
E o primeiro que fixemos foi plasmar en papel todas as ideas que tiñamos e todas as cousas que sabiamos do lume.





































Por suposto, quixemos ver como estaba o noso monte.  Ese ao que tantas veces imos recoller landras, paus, follas secas... E fomos preparados con luvas de traballo e con capachos por se había algo que limpar.

Chamounos a atención que había moita maleza e eucaliptos.









Pero tamén había zonas máis limpas.











E mentres iamos camiñando tamén iamos recollendo todo o lixo que atopabamos.


















































Así estaba o noso capacho cando saímos do colexio.


E así estaba cando voltamos.




Xa no cole fixemos unha estimación de cantos kilogramos pesaría o capacho cheo con todo ese lixo. Diana foi a acertante de dita estimación. Nada máis e nada menos que 5 Kg!






Finalmente xa só nos quedaba desfacernos dese lixo. Fomos ver os colectores que temos no colexio e acordamos que tiñamos que botar todo no colector amarelo porque  o que había no capacho era plástico.






¡Compártelo!

0 comentarios:

Publicar un comentario

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger