Como xa vos contamos, no desenvolvemento deste proxecto de arquitectura, tamén participaron as alumnas en prácticas da Facultade de Ciencias da Educación de Santiago que nos acompañaron durante 3 meses como parte da súa formación no noso centro.
Proxecto "Artellamos coa arquitectura" (*O espazo da casa por descubrir: deseño de espazos e tarefas de cada espazo)
Proxecto "Artellamos coa arquitectura"
Familias,
No entroido iniciamos un proxecto de arquitectura coa construción do Museo de Barouta.
Este proxecto ( "Artellamos coa arquitectura") seguiu avanzando ao longo do trimestre con diferentes propostas nos distintos ambientes.
Nesta publicación detallamos as primeiras propostas que deron coninuidade ao proxecto despois do entroido.
Nos seguintes enlaces podedes ver máis imaxes do desenvolvemento do proxecto:
-Composición nomes dos membros da familia + rexistro
-Quen vive na miña casa? Casa con solapa + familia dentro
-Google maps: as coordenadas da miña casa
-Arte: cadro "Muchacha en la ventana"
-Debuxamos a fachada dunha casa entre tod@s
-Composición da fachada da miña casa con papel (o meu número)
-Maquetas con pezas de diferentes materiais, formas e tamaños
Tamén fixemos aproveitamento didáctico para o noso proxecto de dous acontecementos que sucederon na escola neste trimestre:
- a construción do estanque ou "casa de bechos"
- a remodelación do patio
















.png)


.png)





































