Artellando con:

Amosando publicacións coa etiqueta Modo Galego. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Modo Galego. Amosar todas as publicacións

Modo Galego, Actívao! Proposta da segunda semana

Atención familias!

Esta semana podedes colaborar coas crianzas no proxecto #Modo Galego, Actívao!

O EDLG preparou una nota informativa para vós.

A continuación deixámosvos toda a info!





Curtametraxe "Compañeiras de po" - Modo Galego, Actívao!

Familias, 

Como xa sabedes estamos a participar no proxecto da RAG #ModoGalego, Actívao" en colaboración co Concello de Ames.

A proposta realizada polas crianzas de EI nesta primeira semana consistiu en drobrar ao galego unha curtametraxe. Para isto tivemos que:

-visionar a curtametraxe en versión orixinal

-dialogar sobre: 

                -que acontece na curta?

                -que personaxes aparecen nela?

                -que poden dicir estes personaxes?

-inventar os novos diálogos en galego chegando a acordos entre tod@s

-ensaiar estes diálogos dando a cada intervención a entoación correcta

-gravar os novos diálogos 

-montar a curtametraxe

Foi un proceso longo pero moi enriquecedor e o resultado é a curtametraxe "Compañeiras de po" que compartimos con vós.


Se tedes dificultade para ver a curta deixamos un acceso picando AQUÍ

MODO GALEGO ACTÍVAO!


Real Academia Galega (RAG) e o Concello de Ames puxeron en marcha un proxecto piloto para frear o abandono do galego entre as máis pequenas e pequenos, coa intención de chegar a unhas 3000 crianzas a través das aulas.

'Modo galego, actívao!' é o nome que recibe esta iniciativa, dirixida a nenas e nenos do segundo ciclo de infantil e de primaria escolarizados nos sete centros educativos deste municipio.


Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger