Amosando publicacións coa etiqueta LABORATORIO b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LABORATORIO b>. Amosar todas as publicacións
NO LABORATORIO
No segundo trimestre continuamos co traballo nos ambientes de aprendizaxe.
Neste post deixámosvos unha mostra do traballo que estamos a desenvolver no laboratorio referido ao corpo.
- Composición da silueta humana con elementos naturais (anaquiños de madeira) na zona da natureza e na zona sensorial.
- Elaboración dun libro de caras (ollos-nariz-boca) na zona sensorial.
- Representación do corpo en movemento en diferentes posturas na zona sensorial.
- Representación gráfica de espirais e círculos dentro de círculos con cera manley e tinta, na zona de arte
- Composición da figura humana sobre un fondo raiado con distintos tipos de papel (de xornal, charón, cartolina) na zona de arte seco.
E cando rematamos de traballar hai quen descansa e divírtese construíndo e quen o fai clasificando pompóns.
OUTRA SEMANA CARGADIÑA DE ACTIVIDADES!
O biscoito tivo moito éxito. Manuel, Pancho, Óscar e Pablo deron boa conta del!


BENVIDO COMETA AMARELO!
OUTRA MANEIRA DE TRABALLAR E DIVERTIRNOS NA MESA DE LUZ!
PERO EXPERIMENTAR COS IMÁNS E COA FERRALLA TAMÉN NOS CHAMA A ATENCIÓN!
ESTADE ATENTAS E ATENTOS PORQUE PARA A SEMANA HABERÁ MOITO MÁIS QUE CONTAR!
DESCANSADE!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
























































































































































































