Artellando con:

PROPOSTA FOTOGRÁFICA #FÁLAMEQUETEESCOITO#AMELLORESCOLADOMUNDO (PDI DE CENTRO)


Ola familias!

Como estades? Que tal estades a levar estes días?

Dende Infantil queremos compartir unha proposta fotográfica para darnos ánimos e poder vernos (aínda que sexa en foto).

Agardamos que vos animedes a compartir as vosas fotografías con nós e non dubidedes que daremos difusión de todo o que nos acheguedes.

Lede con atención o documento!

Moitos ánimos e moitas apertas enormes!



O TEATRIÑO


Nunha das últimas "remodelacións" que fixemos nos espazos dos ambientes, decidimos levar de novo un teatriño improvisado (feito cun colgadoiro e unha tea verde) ao teatro para facer as nosas obriñas.

Unha das primeiras fixérona varias nenas de EI-B (titoría de Vito e María) que representaron para toda a aula unha obra inventada por elas mesmas e titulada: "A OBRA SEN TÍTULO". Primeiramente decidiron que personaxes querían que houbese na obra e logo foron inventando a historia e os diálogos entre todas.

Nesta obra, moi divertida, había personaxes de todo tipo: unha avoa, unha neta, unha serea, un can, unha meiga que facía cantar e bailar ao resto de personaxes ... e sabedes que canción cantaban e bailaban? Pois "A Rianxeira"!!!!!!!

Por suposto, a representación gustou moito e recibiron unha longa ovación.

En canto voltemos ás aulas retomaremos este tipo de propostas sen dúbida!











  

NA HORTA


Antes do cese das aulas tamén tivemos tempo de plantar ravos na horta con Tere.


MAIS CONTIÑOS


Deixámosvos mais contiños dos que tantas veces lemos na escola e que tanto nos gustan!






O RETROPROXECTOR


No último día de escola atopamos un retroproxector! 😀😀😀😀










PSICOMOTRICIDADE DIVERTIDA


A última sesión de psicomotricidade que fixemos na escola dividímola en dúas partes.

-Nunha primeira adicámonos ao traballo do esquema corporal sen ningún tipo de material e a facer xogos por parellas. Un dos que mais éxito tivo foi o da "carretilla".






-A segunda parte adicámola a traballar o arrastre con materiais e cun sinxelo circuito. Co arrastre facilitamos o desenvolvemento da forza e da axilidade e exercitamos a coordinación entre os dous hemisferios cerebrais.


















PDI DE CENTRO FÁLAME QUE TE ESCOITO


PDI DE CENTRO "FÁLAME QUE TE ESCOITO"


Nas recomendacións que vos suxerimos para a casa está tamén a proposta relacionada co PDI de centro "Fálame que te escoito".

Para facilitarvos a tarefa xa vos indicamos que a páxina   https://orellapendella.gal/   podía servos de utilidade.

Tamén queremos compartir con vós outro enlace que pode ser de axuda  http://apego.gal/arrolos-recitados-e-xogos/

E non esquezades que as avoas e os avós (e vós mesm@s, mamás e papás tamén) sodes unha fonte importante de información porque de seguro que lembrades algunha cantiga que cantabades na escola para botar a sortes, ou para saltar á corda, ou para xogar á roda...

CURTAMETRAXES DE OQO EDITORA



Bo día!

Hoxe compartimos varias curtametraxes de Oqo Editora baseadas en libros que tantas veces lemos nas aulas como "Corre corre, cabaciña", "A bruxa regañadentes", "Os sete cabritos" etc.


PLANTAMOS PATACAS






Leer más publicaciones en Calaméo


Xa sabedes, picades enriba do rectángulo da imaxe e accedes á presentación!





MÚSICA PARA PASAR O TEMPO


Bo día!

Hoxe deixámosvos música para pasar o tempo e facer mais levadeiros estes días!




(Picando enriba de cada cadradiño con imaxe lévabos a unha música diferente. Tamén vos deixamos o enlace ao blog e á páxina web da escola).

CHARLA SOBRE SEGURIDADE VIARIA


Nestes días longos de estadía na casa, compartimos con vós algunhas das actividades que nos foron quedando no tinteiro. Agardamos que ver estas fotos, vídeos, presentacións ... (ademais de poñervos ao día de todo o que acontece na escola) vos fagan mais levadeiras estas horas.

ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO DURANTE O ESTADO DE ALARMA



ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO DURANTE A SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE EDUCATIVA POR ESTADO DE ALARMA

Deixámosvos as propostas que o Equipo de Infantil considerou oportunas para estes días.


Publish at Calameo

(Picando no rectángulo que aparece enriba da imaxe poderedes ver o documento nun tamaño mais grande)

Anexamos ademais o enlace á páxina web da escola onde tamén hai novas de interese xeral publicadas.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbarouta/node/178

ESTADO DE ALARMA | Suspensión da Actividade Educativa - RD 463/2020


SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE EDUCATIVA
Como saberedes polos medios de comunicación, ante a publicación do Estado de Alarma no Real Decreto 463/2020 suspéndense a actividade educativa durante as próximas dúas semanas, paralízanse os trámites administrativos e restrínxese o trásito habitual de persoas pola vía pública (só permitido para determinadas funcións básicas de abastecemento)

No día de hoxe o profesorado enviaravos tarefas para o alumnado.
Recordade que podedes contactar con nós nos medios habituais móbil da escola, por chamada o WhatsApp no número 717 70 74 31, correo ceip.barouta@edu.xunta.gal ou TokAppSchool
Enviámosvos moito ánimo nestes días complicados e forza para poder cumplir as recomendacións sanitarias que nos saquen o máis pronto posible desta situación de emerxencia.

8M DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES
















































Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger