Artellando con:

PETRÓGLIFO DE CASTELO-RUTA DO CABALIÑO DO DEMO


O xoves 21 de marzo o alumnado de EI foi ver o petróglifo de Castelo, visitar a aula da natureza que está na Ameixenda e facer un anaco da Ruta do Cabaliño de Demo.

Ás 10h15 saímos do colexio en autobús cara Castelo acompañadas e acompañados por Patricia que é a técnica medioambiental do Concello de Ames.



Ao chegar a Castelo atendemos ás explicacións de Patricia.





E puxémonos en marcha para ver o petróglifo. Chegar ata el fíxonos suar un pouco!😓




Cando chegamos arriba puxémonos arredor.




E para velo mellor Patrica e as mestras mollaron a pedra.







E falamos de quen faría aqueles debuxos, canto tempo levarían alí, para que servirían ...







E se subir ata alí fíxonos suar, baixar tamén, pero foi máis divertido!




Unha vez abaixo estiramos un pouco!






E como xa tiñamos fame fomos á aula da natureza a merendar.










E rematamos a xornada facendo un anaco da Ruta do Cabaliño do Demo. Aproveitamos para coller flores, paus, follas, correr, saltar por riba dun regato, ver un muíño ...




























Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger