Artellando con:

8M: EMBAROUTA-T COA IGUALDADE




Neste curso conmemoramos o 8 de Marzo, "Día Internacional das Mulleres", baixo o lema "EmBarouta-T coa IGUALDADE". 

Durantes os días 13, 14 e 15 de marzo desenvolvemos diferentes obradoiros sobre esta temática que culminaron cunha conmemoración colectiva o venres 15 de marzo ás 12h45 no exterior do centro.

A proposta do mércores foi o obradoiro de coeducación a partir do traballo con imaxes. 

Logo de observar diversas imaxes nas que aparecían homes e mulleres, conversábase sobre elas co alumnado. Posteriormente preguntábaselles cal podería ser a profesión destes homes e mulleres e aí puidemos comprobar que algúns estereotipos xa están asentados dende a infancia e que o alumnado nalgúns casos sorprendíase da profesión tanto dalgún home como dalgunha muller. 




A proposta do xoves foi elaborar lemas nos bocadillos que o equipo de convivencia nos proporcionou. Estes bocadillos tiñan unha letra nunha das súas caras que se correspondía coas letras do lema de centro "EmBarouta-T coa Igualdade" xa que ao xuntar todos os bocadillos de todas as aulas, estes debían compoñer por un lado o lema de centro e polo outro debían ter escrito o lema de aula. Este último debía ser elaborado en grupo, previa asamblea e posta en común dos resultados do obradoiro de imaxes. Este lema grupal podía abarcar diferentes campos de desigualdade/equidade como xogo, deporte, traballo doméstico, linguaxe...





























































Parello con estes obradoiros tamén fomos deixando rexistro gráfico de todo o falado e reflexionado á vez que escoitabamos músicas como "Matriarcas" de Guadi Galego.


















E o venres tivo lugar o acto colectivo.
Nas primeiras horas da mañá puxemos as camisetas co lema de EmBarouta-T e de cor violeta (con claro simbolismo con este día).


























Tamén falamos das lavandas que iamos plantar e do seu simbolismo pola cor que teñen. 



















Despois do recreo xuntámonos nas escaleiras de entrada ao centro e compuxemos o lema Embaróuta-T coa Igualdade á vez que cada nena, neno, mestra e mestre lían o que poñía o seu bocadillo.




Logo dous representantes de cada aula plantaron as lavandas no xardín da entrada.





Rematamos a conmemoración cantando e repartindo as pegatinas conmemorativas deste día.





¡Compártelo!

0 comentarios:

Publicar un comentario

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger