Artellando con:

SEMANA DE ENTROIDO PARTE II


Seguímosvos amosando actividades da semana de entroido e hoxe é o turno das máscaras.

Fixemos dúas:
-unha con diferentes materiais como anacos de papel, limpapipas, cartón ondulado, rolos de papel, serpentinas, algodón, paus, las de diferentes cores...
-outra só con pintura.

O primeiro paso foi pensar como queriamos que fose a nosa máscara e coa idea na cabeza facer un bosquexo da mesma nun papel.





























Co bosquexo feito saímos ao cuberto a pintar o soporte sobre o que iamos facer a nosa máscara.























Unha vez pintada a base voltamos á aula e co bosquexo diante había que decidir con que materiais queriamos elaborar a máscara.





















E por último, en bandexas e por parellas, fomos colocando os materiais que quixemos e puxémonos a traballar!!!!












































Pero ademais desta máscara, fixemos outra só con pintura. 

Sobre un cartón debuxamos a máscara (que podía ser como quixeramos: con tres ollos, con moitos dentes, cun nariz de salchicha, con pelos de punta, con forma de triángulo...) e logo pintámola! 



















E saíron verdadeiras obras de arte!







¡Compártelo!

0 comentarios:

Publicar un comentario

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger