Artellando con:

María Monse Paula Vito
Amosando publicacións coa etiqueta Paula. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Paula. Amosar todas as publicacións

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "ENTENDENDO AS NUBES"


Boa fin de semana familias!

Onte foi un día de premios porque entregáronse, na Consellería de Medio Ambiente, os premios do concurso "ENTENDENDO AS NUBES" organizado por Meteogalicia e a Consellería de Medio Ambiente e Sostibilidade.
Do noso centro o gañador dunha estupenda cámara de fotos dixitais foi Lois (da aula da mestra Paula) que foi recoller o seu premio acompañado pola súa nai Belén e pola mestra Vito. A entrega fíxoa a directora xeral desta consellería e na entrega tamén estaban os gañadores doutros centros.

 NORABOA LOIS!!!
ALEGRÁMONOS MOITO!!!




















EXPLOSIÓN DE COR (TERCEIRO EXPERIMENTO NO LABORATORIO)



A semana pasada retomamos o noso proxecto de experimentos no laboratorio.

Un dos obxectivos que nos plantexamos ao comezo do proxecto foi: 
-provomer entre o alumnado o gusto pola experimentación
E a estas alturas podemos afirmar que está máis que conseguido: teñen moito interese nos experimentos, sempre queren ser axudantes de laboratorio chegando incluso a "enfadarse" se non lles toca, prestan moitísima atención ás explicacións e cando saben que algunha das titorías xa fixo o experimento preguntan todos os días "E nós cando o facemos?". O certo é que está a ser unha actividade coa que desfrutan moito. Coñecen á perfección os pasos a seguir:

-1º. Vemos na pantalla o título do experimento e os materiais que precisamos
-2º. Desígnanse os axudantes de laboratorio
-3º. Os axudantes collen a cubeta de experimentos e buscan nela os materiais
-4º A mestra María vai explicando paso a paso o experimento 
-5º Chamamos a Monse, ou Vito ou Paula e os axudantes de laboratorio realizan  o experimento para elas.
-6º. Rexistramos o experimento

E no medio de todo o proceso plantexamos hipóteses, introducimos novas variables no experimento para ver que acontece establecendo conclusións en función do observado ...

E o terceiro experimento que fixemos titulábase EXPLOSIÓN DE COR.
Coma sempre, comezamos lendo na pizarra dixital e unha vez coñeciamos o título e os materiais María nomeou aos axudantes:






Despois os axudantes buscaron na cubeta de experimentos os materiais que previamente leran na pantalla:
























Xa tiñamos todo listo:






María foinos explicando os pasos a seguir:

1º-botamos aceite de bebé enchendo o vaso un pouco máis da metade.

2º-botamos auga sen encher o vaso de todo.

3º-engadimos 10 pingas de colorante alimentario (algunha vez botamos 12 para acabar xa o bote de colorante).

4º-collemos unha pastilla efervescente e partímola en catro anacos que introducimos todos xuntos no vaso.

5º-observamos que acontece no vaso e que pasa coa cor.

Todo isto fixémolo fixándonos ben e sen perder de vista o vaso.











E chegou a hora de que Monse, Vito e Paula visen tamén o experimento e os axudantes de laboratorio fosen científicos!





































Esta experiencia tiña moito de observación e paciencia porque a descomposición do colorante en burbullas non era inmediata. Amosámosvos varias fotos nas que se aprecia o proceso.
















E neste experimento xurdiunos unha dúbida:
que acontece se botamos outra pastilla máis?
Por suposto fixémolo e, aínda que nas fotos non se aprecia moi ben, chegamos á conclusión de que con dúas pastillas acelérase o proceso.






Por último só faltaba o rexistro:







Agora que tedes pequen@s científic@s na casa, probade a facelo con el@s! De seguro que vos vai gustar!

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger