Artellando con:

EXPLOSIÓN DE COR (TERCEIRO EXPERIMENTO NO LABORATORIO)



A semana pasada retomamos o noso proxecto de experimentos no laboratorio.

Un dos obxectivos que nos plantexamos ao comezo do proxecto foi: 
-provomer entre o alumnado o gusto pola experimentación
E a estas alturas podemos afirmar que está máis que conseguido: teñen moito interese nos experimentos, sempre queren ser axudantes de laboratorio chegando incluso a "enfadarse" se non lles toca, prestan moitísima atención ás explicacións e cando saben que algunha das titorías xa fixo o experimento preguntan todos os días "E nós cando o facemos?". O certo é que está a ser unha actividade coa que desfrutan moito. Coñecen á perfección os pasos a seguir:

-1º. Vemos na pantalla o título do experimento e os materiais que precisamos
-2º. Desígnanse os axudantes de laboratorio
-3º. Os axudantes collen a cubeta de experimentos e buscan nela os materiais
-4º A mestra María vai explicando paso a paso o experimento 
-5º Chamamos a Monse, ou Vito ou Paula e os axudantes de laboratorio realizan  o experimento para elas.
-6º. Rexistramos o experimento

E no medio de todo o proceso plantexamos hipóteses, introducimos novas variables no experimento para ver que acontece establecendo conclusións en función do observado ...

E o terceiro experimento que fixemos titulábase EXPLOSIÓN DE COR.
Coma sempre, comezamos lendo na pizarra dixital e unha vez coñeciamos o título e os materiais María nomeou aos axudantes:






Despois os axudantes buscaron na cubeta de experimentos os materiais que previamente leran na pantalla:
























Xa tiñamos todo listo:






María foinos explicando os pasos a seguir:

1º-botamos aceite de bebé enchendo o vaso un pouco máis da metade.

2º-botamos auga sen encher o vaso de todo.

3º-engadimos 10 pingas de colorante alimentario (algunha vez botamos 12 para acabar xa o bote de colorante).

4º-collemos unha pastilla efervescente e partímola en catro anacos que introducimos todos xuntos no vaso.

5º-observamos que acontece no vaso e que pasa coa cor.

Todo isto fixémolo fixándonos ben e sen perder de vista o vaso.











E chegou a hora de que Monse, Vito e Paula visen tamén o experimento e os axudantes de laboratorio fosen científicos!





































Esta experiencia tiña moito de observación e paciencia porque a descomposición do colorante en burbullas non era inmediata. Amosámosvos varias fotos nas que se aprecia o proceso.
















E neste experimento xurdiunos unha dúbida:
que acontece se botamos outra pastilla máis?
Por suposto fixémolo e, aínda que nas fotos non se aprecia moi ben, chegamos á conclusión de que con dúas pastillas acelérase o proceso.






Por último só faltaba o rexistro:







Agora que tedes pequen@s científic@s na casa, probade a facelo con el@s! De seguro que vos vai gustar!

¡Compártelo!

0 comentarios:

Publicar un comentario

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger