Artellando con:

BENVID@S AO SEGUNDO TRIMESTRE

                 

 BENVID@S A ESTE SEGUNDO TRIMESTRE                    DO CURSO 2017-2018!

Ola de novo, familias! 
Este trimestre que estamos a comezar, logo das vacacións de nadal, xa trouxo algunha que outra novidade. Por exemplo, o remate da obra da nova sala de usos múltiples, o que nos permite recuperar as entradas e saídas pola entrada norte coma en anteriores cursos. 





Á súa vez estanse a facer melloras na zona próxima á fonte que, como sabedes, sempre que chove asolágase e amontónase moita lama. Para intentar solventar isto hoxe veu unha paleadora para acondicionar a zona e por suposto, nós non perdemos detalle do que facía.



Por outra banda esta primeira semana do trimestre trouxo consigo a celebración do aniversario de Mónica e de Iago Domínguez.





















E por suposto, puxémonos mans á obra retomando o proxecto do corpo que comezaramos no primeiro trimestre. Dunha conversa casual saiu a pregunta "De onde nacemos?" e a partir de aquí seguimos tirando do fío: estamos na barriga de mamá, nunha bolsa que se chama útero, somos mamíferos como algúns animais,... ou ... que comemos cando estamos na barriga?, canto tempo estamos dentro?














E inauguramos o proxecto de centro "Somos o que comemos" pegando o lixo que xeramos nas merendas no planisferio situado no hall de entrada. Como chega o noso lixo ao medio do mar?, en que colector hai que tirar cada cousa?, podemos tirar as toallitas polo retrete?, que lle acontece aos peixes cando se atopan cunha illa de lixo? ...









    Canto traballo! Pois este mes témolo cargadiño porque vaise achegando o Día da Paz e o entroido!

¡Compártelo!

0 comentarios:

Publicar un comentario

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger