Artellando con:

2ª CARREIRA SOLIDARIA "MÓVOME POLA PAZ"


OLA DE NOVO NESTE SÁBADO 27 DE XANEIRO!

Xa vos acabamos de contar que onte Lois foi recoller o seu premio e agora queremos falarvos da
2ª Carreira Solidaria "Móvome pola paz" que terá lugar o vindeiro martes 30 de xaneiro.



Como xa sabedes estamos a recadar diferentes alimentos e produtos, tanto de hixiene como de limpeza, para o Banco Municipal de Alimentos e agradecemos as vosas achegas.


Por outro lado estamos moi contentos pola colaboración que estamos a ter por parte de diferentes empresas e establecementos como Galitiming, Sen Medias Tintas, Gadis, Garacópter, Mudanzas Camilo, Tómate más fruta, Construcciones J.Luis Beiras, Café Don Budi, Concello de Ames, Tropic, Feiraco, Panadería Sabela, Disprex S.L., Alto do Vento e por suposto a nosa ANPA. Moi agradecid@s con tod@s!

Pero nós tamén colaboramos. De feito esta semana adicámonos a facer as medallas que se entregarán ese día a tod@s @s corredor@s.














 Este ano contamos ademais coa participación de dous atletas galegos como son Pedro Nimo e Pilar Veiga. Estamos desexando falar e correr con el@s!

E a vós, familias, queremos lembrarvos que enviedes ao colexio ou ben a camiseta da carreira do ano pasado ou ben unha camiseta branca para poñerlle o dorsal e correr con ela o martes.
E por suposto queremos convidarvos a correr connosco nese día tan sinalado como é o DÍA DA PAZ.

                                       VÉMONOS O MARTES 30 DE XANEIRO!

¡Compártelo!

0 comentarios:

Publicar un comentario

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger