Artellando con:

XOGANDO COS NÚMEROS NO OBRADOIRO


Na aula Obradoiro seguimos a traballar contidos, nocións e conceptos relacionados coa lóxica-matemática. Neste trimestre centrámonos un pouco máis en:
- clasificación según un criterio (cor) 
- numeración ascendente e descendente
-asociación número-cantidade
- a decena

A metodolocía de traballo, ademáis de manipulativa, é cooperativa fomentando a reflexión a través do diálogo e a confrontación de hipóteses e ideas entre iguais.

Na clasificación comezamos clasificando atendendo a un único criterio que neste caso foi a cor. As nenas e nenos de 4º curso clasificaron diversos obxectos, entre eles tapóns, facendo montóns según a súa cor.


Na numeración realizamos diversas actividades como
1.asociar cada número coa cantidade correspondente con diferentes materiais e técnicas:
- pequenas pezas de construción


-parafusos coas súas roscas (que tamén favorecen a motricidade fina)




-xogos de dominós de madeira



-e empregamos o estampado para poñer a grafía dos números do 1 ao 10 xunto coa cantidade de puntos correspondente a cada grafía.



2.agrupamos reciclando ceras de cores






En canto ao traballo da decena comezamos intentando entender que é unha decena e que é unha unidade. Para isto agrupamos obxectos de dez en dez e empregamos a base 10 para facelo.




 Unha vez soubemos que unha decena estaba composta por 10 unidades diversificamos as tarefas:

-compuxemos varias decenas con palillos e cada vez que tiñamos unha decena formada, enroscábamoslle unha goma elástica para que así fose máis doado contar cantas decena fixo cadaquén







-sobre unha base 100 puxemos palillos para contar cantas unidades e decenas ten unha centena





-compuxemos números sobre esta base cen. Ao principio as nenas e nenos aínda empregaban a unidade pero de seguido decatáronse de que era moito máis doado empregar as decenas porque había que manipular menos palillos. Por exemplo para compoñer sobre a base 100 o número 21, poñían 21 palillos pero despois viron que era máis rápido e doado poñer dúas decenas e unha unidade.











                                                   Xa vos seguiremos contando!


  






¡Compártelo!

0 comentarios:

Publicar un comentario

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger