Artellando con:

VISITA A CLESA


O pasado venres 15, as alumnas e alumnos de 4º e 5º de EI, viaxamos en autobús ata Caldas de Reis para visitar a fábrica de Clesa.


Ao chegar recibíronnons o ilustrador e o escritor que nos ían acompañar na visita e alí na entrada da fábrica, aproveitando que non chovía e que incluso saíra o sol, explicáronnos que nesa fábrica só se fabricaban iogures, que o leite chega alí en camións que levan cisternas moi grandes e que se almacena tamén en grandes depósitos.

















Entramos na fábrica e fomos a unha sala situada na parte superior con 3 grandes xanelas dende as que se podía ver todo o proceso de fabricación dos iogures. Pero o primeiro que fixemos foi escoitar o conto da namoradiza vaca Chenoa. Mentres o escritor do conto nolo contaba o ilustrador ía facendo os debuxos dos personaxes principais do conto.
























Logo do conto tamén debuxamos á vaca Chenoa seguindo unhas sinxelas instrucións que o ilustrador nos ía dando.





















 Saíronnos unhas vacas ben feitiñas.





 Tamén nos asomamos ás xanelas para ver como se envasan, etiquetan e transportan os iogures na fábrica así como a vestimenta que é obrigatoria para acceder ao interior do recinto.







 E antes de voltar a Barouta ... a merendar!!! Por suposto merendamos iogur.


A vindeira semana será o turno das compañeiras e compañeiros de 6º de EI e 1º de EP!

¡Compártelo!

0 comentarios:

Publicar un comentario

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger