Artellando con:

PROXECTO DO PRIMEIRO TRIMESTRE: OS GAZAFELLOS

No primeiro  trimestre, ademáis de traballar o outono, o samaín, o land art; de conmemorar o día contra a violencia de xénero ; de ensaiar para o festival; de ir ao auditorio; de asistir a varios contacontos;  a un espectáculo de maxia ... tamén tivemos tempo para adicarnos a un proxecto tan divertido como diferente. Xurdiu unha mañá na que saímos polos arredores do cole para recoller cousas de outono como follas, paus, ourizos ... De súpeto á mestra Vito pareceulle ver algo entre as follas. Serían gazafellos? Rapidamente todas as nenas e nenos xuntáronse arredor da mestra e buscaban cos ollos ben abertos entre as pólas, os paus, as herbas ...



Máis non conseguiron ver nada pero xa estaba o lío formado: 
-que son os gazafellos?
-como son?
-onde viven?
-hai moitos?
-que comen?
- ...

Nos seguintes días adicámonos a darlle forma ao proxecto e aos gazafellos.  Unha das primeiras cuestións que nos plantexamos foi: como son?


















                           E botámoslle moita imaxinación!






Pero tiñamos moitas ganas de velos. Precisaríamos duns prismáticos? Puxémonos mans á obra para facer os nosos "prismáticos de ver gazafellos"










Cos prismáticos feitos era hora de probar de novo a ver se viamos gamusinos en Barouta.






















Pareceunos ver algo gris ou quizáis vermello, cun rabo longo e con cornos, con patas,  pero ... cantos cornos?, cantas patas? ... Era hora de voltar ao traballo!

















                          Despois de tanto traballo este foi o resultado:


Libro Gazafellos from maria jesus on Vimeo.

¡Compártelo!

0 comentarios:

Publicar un comentario

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger