Artellando con:

SAÍDA A CORUÑA

No mes de febreiro viaxamos a Coruña para visitar tres museos que encaixan perfectamente cos proxectos que estamos a traballar: por unha banda o corpo e por outra banda o proxecto de centro "Somos o que comemos". 
Visitamos:
- Casa dos Peixes: para ver in situ todos aqueles animais mariños dos que nos disfrazamos en entroido.
- Casa do Home: para experimentar con todas as propostas expostas neste museo relacionadas co peso, a estatura, a forza, o son , os olores, o corpo  humano (órganos, esqueleto, parto...), os antepasados ...
- Muncyt: para ver e coñecer a fondo un museo científico e tecnolóxico. 













































































































































































Mentres agardabamos a que viñera o autobús para ir xantar no Muncyt, aproveitamos e sentámonos cinco minutos ao sol! 
















             ÑAM, ÑAM, ÑAM!!!! Tiñamos fame!





Despois, por aulas, visitamos o museo. O primeiro reto foi  facer un helicóptero que voase. Fixémolo pero aínda tiñamos que agardar para facelo voar. Voaría?



















Antes de comprobalo fixemos dúas visitas: primeiro vimos en funcionamento un dos faros que hai tempo estivo na Torre de Hércules. 




E despois coñecemos a Pepe Xan e Marilú.
(Todas e todos pensamos que Pepe Xan estaba un poco namoriscado de Marilú)












E para subir e baixar aos diferentes pisos metiámonos todas e todos no ascensor!(e eramos polo menos 25 persoas!)





E por fin chegou a hora de ver se os nosos helicópteros voaban.







           E efectivamente voaban!

2018-02-22 16.19.36 from María on Vimeo.


2018-02-22 16.46.40 from María on Vimeo.

E quedaba o mellor para o final porque puidemos ver o interior do que foi o avión máis grande do mundo durante anos! Vimos unha das súas alas, a cabina do piloto, os asentos ... pero había que subir por unhas escaleiras moi estreitas e ata cruzar unha pequena pasarela de cristal.

































E ás 17h10 saímos do Muncyt e subimos no autobús para voltar a Barouta.




















¡Compártelo!

0 comentarios:

Publicar un comentario

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger