Artellando con:

A EITO O FEITO!

              
             A  EITO   O   FEITO!

O certo é que este pasado mes de Febreiro veu cargado de actividades do máis  variadas.


  • A comezos de mes fixemos unha rica macedonia coa froita que sobrou da Carreira Solidaria.







  • Seguimos a celebrar os aniversarios, neste caso de Aldara e Nerea.















  • A mestra María preparounos un circuito de psicomotricidade moi completo.









  • Alonso, co seu acordeón, animounos cunha actividade musical na que eramos tigres ou bolboretas atendendo á melodía que tocase



2018-02-21 21.04.05 from María on Vimeo.


  • Traballamos as decenas de xeito manipulativo e de xeito gráfico: buscando e contando10 elementos para compoñer unha decena e rexistrando cun debuxo  unha decena de cousas.






















  • Nadia trouxo ao colexio un conto que ela mesma inventou e ilustrou. Subimos á nova biblioteca e contounos o seu conto!





2018-02-28 10.12.56 from María on Vimeo.



  • E dentro do proxecto do corpo fixemos varias actividades moi interesantes. Unha delas tiña que ver cos sentidos: co tacto, co olfacto, coa vista e co oído (o gusto deixámolo para outro día).Primeiro, cos ollos pechados, tiñamos que meter a man na bolsa máxica, tocar o que había dentro e dicir o que era só con tocal@. Despois sacabamos as cousas para fóra e comprobabamos se acertaramos ou non.









Niko meteu as mans. Dixo que dentro había unha pintura e sacou un pincel.
Adriana dixo que había unha pinza e sacou unha estrela.
Iago Blanco dixo que había unha pinza e efectivamente sacou unha pinza.
Nerea dixo que había unha pintura verde. 
PINTURA VERDE???????
O que dixo Nerea levounos a reflexionar sobre os datos que podemos obter só co sentido do tacto e a cor non é un deses datos. 
Pero comprobámolo in situ na aula.
Valeria dixo que podiamos saber a cor das cousas coas mans e meteu a man na bolsa máxica. Tocou unha cera pero descubriu que non podía saber a cor porque non a estaba vendo. 
Martina non estaba moi segura asique tamén fixo a proba: meteu a man e podía dicir que a cera era dura, delgada, longa ... pero non podía dicir a cor.
Así foi como a teoría de Valeria de que só co tacto podemos saber a cor das cousas, quedaba refutada.
Entón saiu a teoría correcta: Pancho dixo "Si no la saca no la puede ver!". Polo tanto vemos cos ollos (sentido da vista).
Logo xogamos  a recoñecer compañeir@s tamén co sentido do tacto ou o olfacto (coa vista non porque tiñamos os ollos tapados, co oído tampouco porque estabamos en silencio e co gusto tampouco porque non queriamos comer nenas e nenos).
Comezou Irene. Puxo o antifaz e tiña que recoñecer a Rosalía só tocándoa ou ulíndoa.
Irene dou varias respostas: 
-é Amalia
-é un neno
-creo que é Iago Blanco porque ten o pelo blanco pero non pode ser porque ten o pelo longo e Iago non o ten
-é Rosalía porque ten unha trenza.






Continuamos xogando e a Pancho tocoulle Martina pero el dixo que era Nikolás.



E seguimos co xogo por parellas.


























  • Logo deste traballo cos sentidos fixemos unha actividade de debuxo guiado seguindo indicacións: Vito daba directrices e había que debuxar o que ela indicaba: unha cabeza pequena, un corpo grande, dous brazos moi longos, unha árbore cun paxaro...












































  • Seguimos a traballar o corpo humano con diferentes materiais dos distintos ambientes.















  • Traballando o corpo tiñamos que saber como era o noso propio asique adicamos unhas sesións a medirnos e  deixalo rexistrado nunhas tiras de papel coa nosa estatura exacta.

















  • E profundizando no corpo chegamos aos órganos: pulmóns, cerebro, estómago... Parámonos un pouco no aparello dixestivo e adicamos unha sesión aos intestinos: canto miden, miden o mesmo os intestinos dos adultos que os dos bebés?... Primeiro buscamos datos en internet e así soubemos que o intestino groso mide entre 1 metro e 1 metro e medio. Aquí xurdiu a primeira incógnita: canto é un metro? Collemos diferentes metros que hai no obradoiro e estirámolos para ver canto era un metro.









Pero según a información podía medir un metro e medio. Canto era un metro e medio? Tamén o medimos.


Sabendo canto era un metro e un metro e medio fixemos filas con diferentes obxectos da aula que medisen un metro ou un metro e medio.







E aproveitamos estas filas para traballar a serie numérica e contar cantos obxectos había en cada fila: nalgunha 67, noutra 25 ...
Mentres faciamos isto tamén escribiamos na pizarra dixital o que estabamos a facer.



E por último buscamos a medida do intestino delgado e comparamos ambas.






                         FEBREIRO REMATADO PERO ...



                   QUE NOS DEPARARÁ MARZO?

¡Compártelo!

0 comentarios:

Publicar un comentario

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger