Artellando con:

8 DE MARZO


Neste mes de marzo non podemos esquecer unha data tan importante como o día 8: "DÍA INTERNACIONAL DA MULLER".

Non colexio conmemoramos esta data pero non adicamos só un día senón varios.

Realizamos varias propostas para traballala, todas baixo o mesmo lema 

                             +  ...  É  =

-Por un lado traballamos a linguaxe desde o punto de vista da coeducación (nenas e nenos, todas e todos, crianzas ...)

-Doutra banda reflexionamos conxuntamente sobre que cousas son necesarias para que haxa unha igualdade real entre mulleres e homes e plasmámolo en etiquetas que pegamos no mural conxunto da entrada do colexio (mural que convertemos nun photocall) e nunha etiqueta máis grande que colocamos no delantal que utilizamos para o vídeo-poema.

Nestas etiquetas tiñamos que completar o lema común coas nosas reflexións  (+ DESCANSO É = ,   + AXUDA É =   ,    + RESPECTO É =   ...)

















-Fixemos fotos no photocall  utilizando os bocadillos nos que había escritos lemas relativos à  igualdade e utilización de linguaxe non sexista (neste photocall participaron todas as persoas que quixeron: nais, pais, avoas, avós, monitoras e monitores de comedor ...)






































-Por outro lado nas aulas contamos contos como:

          > "Orellas de bolboreta" https://www.youtube.com/watch?v=cK2vvcX8J2U

               >"Rosa Caramelo" https://www.youtube.com/watch?v=av6LB9V-Siw

          >"Cuando las niñas vuelan alto"

          >"Las princesas también se tiran pedos" https://www.youtube.com/watch?v=jvNJefdk64c

              >"Cuentos de buenas noches par aniñas rebeldes"


-E finalmente levamos a cabo o  vídeo-poema. Para facelo houbo un traballo previo no que cada alumna e alumno de Barouta trouxo un mandil da casa. Nel pegáronse as etiquetas co lema antes citado. Os nenos colgaron os seus mandís no tendal do soportal de entrada do alumnado e as nenas levaron posto o seu mandil. 




Cando o tendal estivo listo ...


Primeiro saíron ao soportal as nenas. Despois saíron os nenos e as nenas puxéronlle a cada neno un mandil convidándoos a  responsabilizarse tamén do traballo doméstico en  igualdade.
Finalmente as nenas e mestras de Barouta convertíronse en heroínas transformando o seu mandil nunha capa. 

8 M from María Barouta on Vimeo.

SUPERHEROÍNAS from María Barouta on Vimeo.


As nenas e nenos de 4 º de E.P. interpretaron unha cantiga acompañadas por todas as compañeiras e compañeiros do colexio.

A partir deste 8 marzo, na nosa escola imos falar mellor xa que   imos incorporar o xénero feminino à fala cotià porque... o A tamén importa!

¡Compártelo!

0 comentarios:

Publicar un comentario

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger