Prezadas familias,
Como ven sendo habitual, o próximo luns 30 de xaneiro, conmemoramos o Día da Paz coa 7ª Carreira Solidaria "Móvome pola Paz", un acto solidario no que recadamos alimentos para o Banco Municipal do Concello de Ames.
Xa podedes enviar os alimentos non perecedeiros e produtos de hixiene persoal e limpeza que queirades doar.
Convidámosvos ás familias para que nos acompañedes neste acto solidario. Tamén contaremos co alumnado da EEI de Covas e co alumnado de 6º EP do Ceip A Maía e o Ceip Agro do Muíño.
Agardamos contar coa vosa presenza o luns 30 a partir das 12h00.
Animádevos a movervos pola paz!
0 comentarios:
Publicar un comentario