Artellando con:

VISITA GARDAS FORESTAIS

DÍA DO LIBRO








Nós conmemoramos este día cunha actividade de "RECUNCHOS LECTORES" na que o alumnado de 6º de EP (en grupos de dous ou tres alumn@s) na hora de ler, achegouse ao resto de aulas do centro para contar un conto.
En infantil escolleron dúas historias: "O homiño de papel" 




                                                    e "Gústame o chocolate".



Pero antes de contarnos os contos explicáronnos brevemente o por que desta conmemoración cun sinxelo panel explicativo que fixeron con anterioridade na súa aula.




E a continuación, moi atentas e atentos, escoitamos as dúas historias que ... traían unha sorpresa!



                                         ÑAM, ÑAM, ÑAM! Un anaquiño de chocolate!








          Agardamos con moita gana que volvan vir a contarnos historias doces a infantil!











CANTOS ANIVERSARIOS!


Familias, dende que voltamos das vacacións de semana santa estamos moi content@s porque hai moitos aniversarios que celebrar: Nahia, Candela, Carla Cea, Iago Blanco, Julia Fresco, Julia Nimo, Nico Rolle, Noa, Nuria e María!












                             Quen falta aínda por traer o seu biscoito????

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger