Artellando con:

25 de Novembro Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

Estamos tan atarefados preparando a nosa actuación para o festival de Nadal que non tivemos tempo de contarvos todo o que fixemos o 25 de Novembro para conmemorar o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Foi unha mañá moi importante.
Ao longo da semana falamos na aula de como podiamos usar a nosa forza en positivo, que cousas boas podiamos facer coa forza... e chegamos á conclusión de que coa nosa forza podiamos ABRAZAR ÁS MAMÁS E AOS PAPÁS, AXUDAR, DAR BICOS, XOGAR ...
Cando chegou o venres escribimos todas esas cousiñas que falaramos nunha tira de papel branco para logo colgalas no mural colectivo da entrada.











 
E antes do recreo xuntámonos tod@s na entrada do cole para celebrar o acto central deste día. 






Pero non estivemos sós. Acompañáronnos uns amigos da TGV durante boa parte da mañá.
Deixámosvos os enlaces para que nos vexades!

¡Compártelo!

0 comentarios:

Publicar un comentario

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger