Artellando con:

SEGUNDA SEMANA DA FROITA

                                    Ola familias!

Como xa sabedes, a pasada semana foi a "semana da froita". Desta vez cambiamos a clemenvilla polos amorodos. O luns comemos plátano. O martes mazá. O mércores pera. O xoves amorodos e o venres, para rematar a semana, fixemos unha saborosa macedonia á que, ademáis das froitas anteriores, engadimos laranxa. Tivemos que agruparnos para distribuir as tarefas:
-lavar as mans
-lavar as froitas
-cortalas en anacos
-mesturar eses anacos en 4 recipientes distintos
-lavar todos os utensilios que empregamos
-coller o mantel
-saír ao patio aproveitando o bo tempo
-e ... a papar!























Pero ademáis de merendar froita todos os días tamén tivemos tempo de celebrar dous cumples: o de Óscar e o de Aira.


















E por suposto tamén adicamos varias xornadas a preparar o agasallo do día 19 de marzo.











¡Compártelo!

0 comentarios:

Publicar un comentario

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger