Artellando con:

MÓLLASE OU NON SE MOLLA? SEGUNDO EXPERIMENTO NO LABORATORIO

                                         
                                               OLA FAMILIAS!

Hoxe queremos contarvos que a semana pasada levamos a cabo o segundo experimento do noso proxecto científico no laboratorio.
En só dúas sesións o alumnado está moi motivado, agardando a que chegue o día do experimento e desexando ser axudante de laboratorio!
Desta volta a mestra María tiña preparado un experimento moi sinxelo pero moi divertido á vez que nos fixo pensar e pensar tanto, que ata formulamos hipóteses e  tamén aprendemos que a medida de capacidade para os líquidos é o litro.
Como sempre, a primeira pista de María foi amosarnos o título do experimento na pizarra dixital para lelo tod@s xunt@s.
   



Unha vez lido o título xa comezamos a pensar de que se podía tratar: que é o que se pode mollar? ou que é o que non se pode mollar? 
 O seguinte foi ler tamén na pizarra o listado de materiais que precisabamos para realizar o experimento.


Unha vez soubemos o que precisabamos era o momento de que @s axudanteS de laboratorio collesen todos os materiais.
Da aula de Paula @s encargad@s foron: Mauro, Lía, Cristian, Samuel e Xiana.
Da aula de Ana foron: Noa, Nico, Carla Castiñeira, Brais Boquete e Julia Fresco.
E da aula de Vito e María foron: Carla, Dudú, Uxía e Pablo.













 Como xa dixemos, precisabamos auga. Pero, que cantidade de auga? Pois botamos un litro exactamente empregando unha xerra de medida (unha xerra de plástico transparente con raias a distintas alturas que marcaban un cuarto de litro, medio litro, un litro). Así foi como soubemos que os líquidos mídense en litros e que o litro non servía para as lentellas, ou o azucre, ou o arroz, ou as fabas, ou a fariña, ou a pasta ... porque todas estas cousas medíanse en Kilogramos.









Cos materiais xa colocados era hora de facer o experimento pero María quería facernos pensar.
E así, pensando, pensando foi como fomos plantexando hipóteses para resolver o problema que nos presentaba a mestra.
María díxonos: "Temos unha cunca chea de auga, un vaso moi pequeno e un pano de papel. Como podemos meter o pano de papel na cunca con auga sen que se molle??? Non podemos utilizar nada que non estea enriba da mesa. Ide pensando, erguede a man para dicir a vosa hipótese e imos ir comprobándoas".















E efectivamente, as mans fóronse erguendo e fomos comprobando todas e cada unha das hipóteses plantexadas:
AULA DE ANA:
-Julia Nimo dixo: "Podemos meter o papel no vaso e poñerlle un tapón" 
Comprobamos esta hipótese para ir comprendendo como é proceso ensaio-erro pero María xa nos advertira que só podiamos usar o que había enriba da mesa e enriba da mesa non había un tapón.
-María Mosquera dixo: "Podemos meter o papel no vaso e tapalo coa man". E comprobamos que ao meter o papel no vaso, tapalo coa man e metelo na auga, o papel mollábase igual. Polo tanto, hipótese refutada. Non servía.
-Izan dixo: "Metemos o papel no vaso, envolvemos o vaso con papel de xornal e metémolo na auga". Lucas respostoulle que se ían mollar os dous e a mestra dixo que iamos comprobar se a hipótese era correcta pero que enriba da mesa non había papel de xornal e por tanto, antes de comprobala xa sabiamos que a hipótese non era válida e... 
Efectivamente refutámola porque o papel de xornal mollouse.

Diego dixo: " Metemos o papel no vaso, cun trapo tapamos o vaso e metémolo na auga". A isto que dixo Diego, Lucas respostou que un trapo metido na auga mollábase. Esta hipótese xa non a comprobamos porque enriba da mesa non había un trapo.

AULA DE PAULA:
-Maya:  “Metemos o papel no vaso e o vaso dentro da auga”. Pero así mollábase o papel.
-CRISTIAN: “Metemos o papel no vaso. Tapámolo coa man e metemos o vaso dentro da auga”. Deste xeito tamén se mollaba o papel.
-ARÓN GRILLE: “Metemos o papel no vaso e tapámolo co dedo”. O papel seguía mollándose.
-AARÓN MIRÁS: “Se metemos dous papeis o que quede máis abaixo no se molla”. Pareceunos boa idea pero comprobamos que se mollaban os dous papeis.
-AINARA: “Metemos 3 papeis e tapámolos con cinco dedos”. Ainara intentou mellorar a hipótese de Aarón Mirás pero seguía sen funcionar.

AULA DE VITO E MARÍA:
-VALERIA: “ Gardamos o papel na man. Pechamos o puño e metémolo na cunca”. Parecía boa idea pero o noso puño non é hermético.
-VÍCTOR: “Metemos o papel no vaso e o vaso dentro da cunca”. Pero o vaso afundiu e o papel mollouse.
-AIRA: “Metemos o papel no vaso e tapámolo coa man”. Tampouco funcionou.

Finalmente, logo de moito pensar, a profe María deunos a solución:
"COLOCAMOS O PAPEL NO FONDO DO VASO PEQUENO. DÁMOSLLE A VOLTA AO VASO E METÉMOLO NA CUNCA CHEA DE AUGA MIRANDO CARA ABAIXO."

        EFECTIVAMENTE O PAPEL ESTABA SECO!!!!!!!!

María fixo o experimento e deunos o papel para que comprobaramos que estaba seco.








Agora era o turno de que @s encargad@s de laboratorio fixeran o experimento.



























Pero o experimento aínda non ramataba aquí. Agora era o turno de que Paula e Vito formulasen as súas propias hipóteses.
Serían capaces de resolvelo?
Nós estivemos moi caladiñ@s ata que PEDIRON PAPAS!!!!

A profe Paula era un pouco trampulleira porque unha das súas hipóteses era colocar o pano debaixo da cunca de cristal porque así estaba "dentro da auga" pero non se mollaba.







E Vito tamén probou varias hipóteses como meter o pano dentro do vaso e o vaso na cunca pero ... esa hipótese xa a refutaramos nós antes!






Finalmente cun pouco de axuda pola nosa parte conseguiron meter o pano  na cunca de auga e que non se mollase.












NÓS XA ESTAMOS AGARDANDO CON MOITA ANSIA O SEGUINTE EXPERIMENTO!!!!!!!
       VÓS TAMÉN???????

¡Compártelo!

0 comentarios:

Publicar un comentario

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger