Artellando con:

SOMOS O QUE COMEMOS: ACTIVIDADE CON TONI LÓPEZ, ÁLVARO ILLOBRE E MEMBROS DO EQUIPO DE BALONCESTO BASKETMI


Bo día familias!

A semana do 4 ao 8 de xuño foi moi importante para nós por dous motivos especiais:

  •  porque inauguramos a exposición "Somos o que comemos" para a que estivemos a investigar, elaborar materiais, traballar coa colaboración de distintos membros da comunidade educativa ... Esta inauguración supón o punto final á investigación anual sobre alimentación, ecoloxismo, reciclaxe e saúde, desenvolvida este ano no colexio coa participación de todas as aula e áreas educativas do centro.
  • porque participamos nunha  Actividade deportiva INCLUSIVA coa colaboración de Álvaro Illobre (deportista paralímpico) , varios membros do equipo de baloncesto BASKETMI, Toni López (campeón paralímpico de judo) e Javier Rico (mestre universitario)

Aínda que xa vos amosamos fotos da exposición nun post anterior, neste queremos deixarvos un vídeo para que vexades mellor algúns detalles da exposición.





E deixámosvos outro vídeo máis con imaxes da actividade deportiva realizada no pavillón o martes 5 de xuño pola mañá.



SOmos o que comemos-actividade inclusiva from María Barouta on Vimeo.

¡Compártelo!

0 comentarios:

Publicar un comentario

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger