Artellando con:

ABN





Como xa vos explicamos na reunión, neste curso imos retomar o traballo da lóxico-matemática mediante a aprendizaxe baseada en números (ABN) que xa iniciaramos o curso pasado.  Este tipo de aprendizaxe fomenta o cálculo mental a través da utilización de materiais e obxectos cotiás coma botóns, pinzas da roupa, paus …

Co alumnado de 6º de EI comezamos facendo un repaso da serie numérica que elas e eles mesmos compuxeron. Fixémolo por medio de dúas tarefas:

-Na primeira tiveron que ordenar os números ata o dez. 





Unha vez ordenados había que colocalos na pizarra e engadirlle a cada número tantas pinzas como indica o cardinal.






























 Para rematar a tarefa, e a modo de repaso, tiveron que explicarlle a Vito o que fixeron e como o fixeron. 








E despois diso tiveron que encher a pizarra coa grafía dos números (se lles costaba facer algunha grafía tiñan enriba da mesa números coa grafía punteada para repasar cos dedos e así sentir a direccionalidade co tacto).












-Na segunda das tarefas, sobre unha recta numérica ata o 20 estirada no chan, fixemos varias actividades:
                >camiñar por enriba dos números dicindo o seu nome

              >pararnos enriba dun número indicado por María

              >dicir o nome do número anterior e do posterior

                >desplazarnos cara adiante ou cara atrás tantos números como nos indicara María

                >encher os números da recta con tantas pezas como indica o cardinal











E así pouco a pouco imos afianzando o coñecemento dos números ata o dez e ata o vinte, imos asociando número e cantidade, repasando as grafías ...

¡Compártelo!

0 comentarios:

Publicar un comentario

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger