Artellando con:

17 de maio DÍA DAS LETRAS GALEGAS








Este ano no centro conmemoramos unha data tan importante como é o 17 de maio coa "Exposición etnográfica Antón Fraguas".

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) elaboraron un tríptico con información sobre a vida e obra deste escritor.




E repartiron as chapas conmemorativas deste día entre alumnado e profesorado.



En EI realizamos varias actividades conmemorativas:
-participamos na exposición aportando ferramentas, xoguetes, utensilios domésticos, apeiros de labranza, instrumentos ...
-visitamos a exposición e deixamos rexistro do que máis nos gustou da mesma (Paula, como coordinadora do EDLG, explicounos quen era Antón Fraguas, falounos da estrutura da exposición, dos obxectos máis curiosos, dos obxectos máis antigos...)











-E participamos na proposta do Concello que consistía en escribir un poema, ou algúns versos dun poema sobre a natureza, nunha laxa de pizarra para colocala posteriormente na zona da praia fluvial de Tapia.













Deixámosvos algunhas fotos da exposición por se non tivéchedes ocasión de visitala no centro.































¡Compártelo!

0 comentarios:

Publicar un comentario

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger