Artellando con:

NADAL INTERNACIONAL DO CEIP DE BAROUTA 2019


As poboadoras e poboadores celtas viñeron a Barouta para amosarnos como comezou isto da celebración do nadal.

Pero antes de darlles paso para que nolo conten queremos que vexades o making-of da Festa de Yule!

E todo comezou cando na aula apareceron uns debuxos negros pegados polas portas, pizarras, mesas ... e non sabiamos o que eran. Investigando, e lembrándonos do curso pasado, soubemos que se chamaban códigos QR e que co móvil ou a tablet podiamos saber que información agochaban. E puxémonos mans á obra!
















Vaia, vaia! Aqueles códigos QR ocultaban estas imaxes:

    Quen viviría nesta casa redonda sen fiestras e tellado de palla???

                            Para que serían estas pedras???

Que serían todos estes debuxos???

Quen serían este home e esta muller???
Por que  vestían así???

Quen sería este home de barba branca???

E este foi o punto de partida da Festa de Yule!!!

A partir de aquí investigamos quen foron os celtas, onde vivían, a que se adicaban, como vestían, que tradicións tiñan... e así fomos sabendo que aquela casa redonda que aparecera nos códigos QR era unha palloza (a casa dos homes e mulleres celtas), e que aquelas  pedras eran un dolmen (onde enterraban aos mortos), e os debuxos eran símbolos celtas que se tatuaban na pel ou que reproducían nas súas xoias, e que o home de barba branca era o druida que facía un pouco de todo: era curandeiro, xuiz, presidía as celebracións ... e observando de novo a imaxe da muller e do home celta fixámonos en como vestían xa que ía ser fundamental saber como eran as súas vestimentas para a función de nadal. E soubemos tamén que na época dos celtas non se celebraba o nadal senón que se celebraba o SOLSTICIO DE INVERNO, O TRIUNFO DA LUZ, NUNHA FESTA QUE CHAMABAN "FESTA DE YULE". E para celebralo os celtas facían cousas moi parecidas ás que facemos nós hoxe en día como por exemplo decorar a árbore con trenzas de cores, colgar coroas nas portas das casas (para protexerse), trocar presentes (alimentos), comer e bailar durante toda a noite... 
Con toda esta información era hora de traballar.
Por un lado tiñamos que preparar a cartelería para que cando as mamás, papás, avós, avoas ... viñesen a ver a función de nadal, soubesen o que estabamos a facer.











E por outro lado tiñamos que elaborar todas as pezas que iamos necesitar como decorado para representar a nosa FESTA DE YULE!

O tronco de Yule era fundamental. 












Aínda que ao principio non lle viamos moito xeito ao final quedounos un tronco ben xeitoso.



Outra parte importante era a palloza. Aquí tivemos que distribuir o traballo: por un lado facer a palla para o tellado, por outro lado as paredes de pedra, e doutra banda, a porta e a coroa. Montar todo isto sobre unha base de cartón á súa vez colocado envolvendo o circo que tiñamos no teatro e  grampala a un carro para poder movela.






























Tamén tiñamos que facer o dolmen como elemento característico da cultura celta.









A xoiería celta tamén era moi recoñecible polas imaxes que reproducían nos colares, pulseiras... e nós tamén fixemos o noso propio colar con símbolos celtas que previamente buscamos para escoller o que mais nos gustaba e para coñecer o significado dalgúns deles.









































Non podiamos esquecer a árbore de nadal celta onde logo iamos colgar as trenzas vermellas, verdes e douradas.































O resultado final foi bastante realista, non vos parece?










Aínda que en todo este proceso tamén tivemos un pouquiño de axuda extra.  Grazas familias!






E aínda que o poboado celta estaba listo, as mestras e mestres  tiñan moito traballo preparando a decoración do escenario.
























E así chegamos ao venres día 20 de decembro de 2019 e no noso colexio celebramos o FESTIVAL DE NADAL INTERNACIONAL DO CEIP DE BAROUTA 2019.

Un ano mais as 75 nenas e nenos de EI demos comezo á función coa nosa representación da FESTA DE YULE.

Colocámonos no lateral do pabillón para sair en orde.































E cando comezou a soar a música, comezou a FESTA DE YULE.































Agardamos que disfrutarades vendo a nosa representación da Festa de Yule.

En canto teñamos o vídeo completo subirémolo!

¡Compártelo!

0 comentarios:

Publicar un comentario

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger